Arredor de Lámbrica


Pedra erosionada da Ermida, agora en San Cibrao das Las
Pedra erosionada da Ermida, agora en San Cibrao das Las

Esta rocha erosionada polo vento e a auga durante milenios estaba ó lado da pedra dos petroglifos da Ermida, na parroquia de Eiras.

Formaba, coa pedra furada e con outra de similares características e de actual paradeiro descoñecido, un conxunto moi fermoso, xusto ó lado dos petroglifos.

Nos anos noventa foi levada á veciña parroquia de As Las, para servir de fonte na área recreativa que alí se construíu.

Se pasades polo castro de Lás poderedes ver esta rocha xusto detrás do Centro de Interpretación Castrexa. Acordádevos de que estivo na Ermida, en Eiras, e que é moi posible que formara un conxunto cultual coas restantes rochas que a acompañaban.


Ver outra fotografía da mesma rocha








Anterior ← Ir á galería de fotografías→ Seguinte

Entre San Cibrao das Las e Ourantes, a 'Cidade Forte da Chaira' foi a 'civitas´ dun amplo territorio aurífero, estannífero e férrico, que accedía ao Atlántico pola vía fluvial do río Miño

 Ligazóns de aquí e de alá... importantes
 Índice cronolóxico de entradas
 Procurar neste blogue

© by Abertal