Arredor de Lámbrica


Os petroglifos de Paciños, entre O Carballiño e O Irixo
Visibilidade de Lámbrica e do Santrocado dende a ladeira onde están os petroglifos de Paciños.
A maioría do noso patrimonio arqueolóxico é dado a coñecer con ocasión das grandes obras públicas. Un exemplo é o dos petroglifos de Paciños, entre os concellos de O Carballiño e O Irixo, non lonxe do castro do Coto de Mosteiro, entre outros.

Pese á alegría que producen tales achados, non debemos engañarnos. É maior o número de xacementos que sucumben debaixo das máquinas que os que se dan a coñecer. As administracións públicas, obrigadas especialmente á protección do patrimonio arqueolóxico, ignoran a situación da maioría dos xacementos.

Ademais, a premura das obras e o desinterés polo patrimonio fan que moitos dos achados, aínda que sexan ben coñecidos, sexan irremediablemente destruídos en aras do progreso, como se fixo co xacemento mineiro prerromano e romano situado no monte do Santrocado, entre Laias e A Barca de Barbantes (Cenlle). Así evítanse custos e aceléranse as obras, pero estráganse definitivamente fontes arqueolóxicas.

Os descubridores dos petroglifos de Paciños foron Juan José Álvarez e Rosa María Ricoy. Según a prensa, os petroglifos forman parte dun conxunto prehistórico no que tamén hai mámoas, castros e minaría romana.

Dende a zona dos petroglifos de Paciños a visibilidade do monte do Santrocado e do castro de Lámbrica (A Cidade de San Cibrao das Lás) é espectacular. É posible que as relacións entre ambos territorios fosen intensas. Hai que ter en conta que a magnificencia de Lámbrica non sería fácil sen un extenso territorio circundante que aportara xentes e recursos suficientes.

Tendo en conta que a maioría dos petroglifos soen datarse na Idade do Bronce, e incluso antes, poderíamos alongar esas relacións visuais entre os diversos asentamentos a períodos moi anteriores ás construcións castrexas.


Volvendo ós petroglifos de Paciños, aí van uns enlaces:

Novas publicadas en prensa:

La Región, 4 de setembro de 2009. "Los petroglifos descubiertos en un monte comunal logran la protección de la Xunta."

La Región, 27 de setembro de 2009. "La Xunta autoriza un proyecto arqueológico para divulgar los petroglifos de Paciños."


Fotografías:

Unha imaxe dos petroglifos de Paciños na Galipedia.

Outra imaxe dos petroglifos de Paciños, tamén na Galipedia.

Ver artigo A Lámbrica de Mela
Ver artigo: A Ciudá das Las, Lámbrica
Artigo publicado o 07-03-2010 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes e do monte sacro do Santrocado: deuses, mámoas, petroglifos, castros, pedras, xentes...

 Artigos destacados
 Outros enlaces, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal