Arredor de Lámbrica


O mapa dos petroglifos da Ermida e Lámbrica
Castro de Lámbrica (San Amaro - Punxín)
Dende as pedras orientadas de Lámbrica (castro das Lás e Ourantes), posiblemente anteriores ó asentamento castrexo, podemos ver tamén cara o solpor equinoccial o nacemento dun dos regatos do contorno, o que pasará polo lugar da Reguenga. Este nacemento do regato está a moi pouca distancia do castro e contén microtopónimos tan significativos como O Trulleiro (de trollo, lama), As Lagoas ou O Río. Sinálase coa frecha amarela o lugar aproximado.

A zona é máis ou menos visible dende o lugar de Lámbrica que mostra a fotografía, onde están as pedras orientadas ós equinoccios. Esta visibilidade sería mellor se non existise a muralla, polo que estas elaboracións astronómicas deben proceder de épocas anteriores ó mundo castrexo e á Idade do Ferro.

Aproximadamente aquí, nesa zona húmida, é onde podería situarse o punto C, representado polo petroglifo C da Ermida (Eiras), do que se falou nun artigo anterior, cando se superpuxo o esquema dos petroglifos a un mapa do contorno.

É dicir, que os petroglifos da Ermida poderían representar unha visión do territorio que é posible ver dende o alto do outeiro de Lámbrica, onde están as pedras orientadas da fotografía.
Así, o gravador da Ermida (Eiras) situaría na rocha unhas referencias que obtivo en Lámbrica, a dous quilómetros ó Nordeste da Ermida, onde centos de anos despois serán erguidos os muros do castro.

O petroglifo máis grande da Ermida (petroglifo A), que ten liñas radiais e máis círculos concéntricos que os seus compañeiros, representaría logo ó propio outeiro de Lámbrica, que nos no mapa do contorno aludido figura tamén cunha letra A. Na base deste artigo hai un vínculo a ise mapa do contorno.

A Ermida está situada, consecuentemente, ó suroeste de Lámbrica, coincidindo co solsticio de inverno. Aquí temos outra vez repetido o fenómeno da aliñación ó solsticio de inverno, xa vista no Abeiro do Raposo (Amoeiro) e nas rochas do cumio do cercano monte do Santrocado.

Ver mámoa no castro de San Cibrao das Las
Ver os petroglifos de Eiras
Ver o mapa do contorno coa superposición do esquema dos petroglifos
Artigo publicado o 03-11-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes e do monte sacro do Santrocado: deuses, mámoas, petroglifos, castros, pedras, xentes...

 Artigos destacados
 Outros enlaces, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal