Arredor de Lámbrica


O templo do Castelo de Laias
Lámina CXXXIV de CHAMOSO LAMAS. Posible templo en Laias


Sobre a importancia da contorna de Lámbrica e das súas implicacións mineiras xa nos ilustraba MANUEL CHAMOSO LAMAS en 1956, cos seus traballos sobre as escavacións realizadas nos anos corenta na cidade mineira de "Barbantes", nas abas meridionais do monte do San Torcato ou San Trocado, mirando cara o val do Miño e a escasos dous ou tres quilómetros da citania de Lámbrica.

Precisar que cando CHAMOSO LAMAS fala da cidade mineira de "Barbantes" refírese ao xacemento do Castelo de Laias, mal coñecido pola poboación e esquecido deliberadamente polas élites políticas e culturais.

Barbantes-Estación é o nome que recibe a parroquia de nova creación entre finais do século XIX e principios do XX. Antes da chegada do tren, era una aldea coñecida como A Barca, pertencente á feligresía veciña de Santa Baia de Laias. O xacemento do Castelo está no monte no que son colindantes actualmente ambas parroquias

Dende este lugar de A Barca (agora BARBANTES-ESTACIÓN), parte a calzada que une a ribeira do río Miño coa porta oriental da citania ou oppidum de San Cibrao das Las, Lámbrica.

No xacemento maltratado do Castelo de Laias atopáronse vestixios abundantes de habitación das épocas prerromana e romana, ademais de evidencias de importantes labouras mineiras. As escavacións iniciáronse polo propio CHAMOSO LAMAS nos anos corenta do século pasado.

Pero, nos noventa, os traballos da autovía A-52 "a todo gas", que promoveron o Estado español e a Xunta de Don Manuel, destruíron un xacemento máis antigo e de maior superficie que a propia citania de San Cibrao das Las. A población case nin se enterou, a élite cultural e técnica mirou para otro lado... e o diñeiro fluíu.

Un dos aspectos máis curiosos das escavacións no Castelo de Laias (chamado Barbantes polos seus escavadores) é a presenza dun posible templo. Sobre el, CHAMOSO LAMAS publicaba en 1956:

"Ante algunos vestigios que afloraban en una zona contigua a los primeros tanques descubiertos y excavados, se procedió a su exploración, surgiendo una gran habitación o cámara excavada en la enorme roca.

Tenía 7,20 m. de largo por 3,80 de ancho y aparecía orientada de Norte a Sur. Destruida la mayor parte de sus paredes graníticas, era la del lado Norte la que conservaba mayor altura, y en ella aparecía tallada una media columna truncada a 1,08 m. de alto por la mutilación que aquella curiosa dependencia sufrió. En el centro y asentada sobre el pavimento de roca, se elevaba un pedestal de granito de 0,52 m. de alto por 0,30 m. en cada lado y muy cerca, caída, se halló una losa del mismo material perfectamente labrada y escuadrada de 0,51 m. y 0,13 m. de ancho, la cual, colocada sobre el pedestal, denunciaba ser esta su aplicación, formando así una especie de ara (lám. CXXXIV). ¿Sería esta dependencia emplazada en el centro y más favorable lugar de la explotación un templo? El ara al centro y la media columna adosada, que podía muy bien servir de basamento a una escultura o símbolo religioso cualquiera, permiten apuntar esta posibilidad que la excavación realizada y la falta de hallazgos más concretos no pudo hacer avanzar hacia una mayor seguridad".


💫


Bibliografía

O texto entre aspas e a lámina anterior (Lámina CXXXIV) pertencen a:

CHAMOSO LAMAS, M.: "Excavaciones arqueológicas en la citania de San Cibrán das Las y en el poblado y explotación minera de oro de época romana de Barbantes (Orense)" en Noticiario Arqueológico Hispánico, III y IV, Cuadernos 1-3 (1954-1955). Ministerio de Educación Nacional. Dirección General de Bellas Artes. Madrid, 1956 (páginas 122-123).







Ver imaxes do Castelo de Laias
Ver A situación estratéxica de Lámbrica
Ver O Castelo de Laias en Cenlle
Artigo publicado o 10-01-2020 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0