Arredor de Lámbrica


A situación estratéxica de Lámbrica / La situación estratégica de Lámbrica
Imaxe aérea dende o Oeste. (Obtida de Google Earth)
A citania de Lámbrica1, aínda con toda a súa espectacularidade, non deixa ver facilmente aos visitantes os segredos da súa coidada situación estratéxica.

A escasa distancia da ribeira do Miño, río co que está comunicada por unha calzada, a invisibilidade de tan grande citania desde as terras do val do Miño, a centralidade do punto vixía do alto do Santrocado, onde se atopa un pequeno castro, o control das actividades mineiras do Castelo de Laias e de outros castros da contorna (castro Martiño, Ourantes...), son elementos que deberían subliñarse.

Estas características danlle aínda maior importancia ao xacemento e vinculan ao territorio circundante coa supervivencia da construción estratéxica da citania, punto de referencia dunha ampla zona mineira que chega ata as terras do Carballiño (o castro do Coto de Mosteiro é un exemplo).

A invisibilidade dende o val do Miño, pero a posibilidade de control dende o Santrocado e a comunicación directa coa calzada que une a porta oriental da citania de Lámbrica coa ribeira do Miño, no lugar da Barca, son características importantes que normalmente esquecen aqueles guías que ensinan a citania aos visitantes.

Bueno... por esquecer... esquecen ata o nome: Lámbrica.



La citania de Lámbrica1, aún con toda su espectacularidad, no deja descubrir fácilmente a los visitantes los secretos de su perfecta situación estratégica.

A escasa distancia de la ribera del Miño, río con el que está comunicada por una calzada, la invisibilidad de tan grande citania desde las tierras del valle del Miño, la centralidad del punto vigía del monte de O Santrocado, donde se encuentra un pequeño castro, el control de las actividades mineras del yacimiento desaparecido de O Castelo de Laias y de otros castros del entorno (castro Martiño, Ourantes...), son elementos que deberían subrayarse.

Estas características dan todavía mayor importancia y espectacularidad, si cabe, al yacimiento y vinculan al territorio circundante con la supervivencia de la construcción estratégica de la citania, punto de referencia de una amplia zona minera que llega hasta las tierras de O Carballiño (el castro do Coto de Mosteiro es un ejemplo).

La invisibilidad dende el valle del Miño, pero la posibilidad de control desde el Santrocado y la comunicación directa, mediante la calzada que une la puerta oriental de la citania de Lámbrica con la ribera del Miño, en el lugar de A Barca, son características importantes que no suelen tener en cuenta los guías que enseñan la citania a los visitantes.

Bueno... por olvidar... olvidan hasta el nombre: Lámbrica.







(1) Popularmente, "Castro de San Cibrao de Las" ^

Ver descrición da citania de Lámbrica
Ver descripción de la citania de Lámbrica
Artigo publicado o 25-11-2019 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Arredor da citania de San Cibrao das Las

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2020 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0