Arredor de Lámbrica


❤️ San Ziprián DAS Las
Imaxe obtida en PARES, Portal de Archivos Españoles



Ben coñecida a terxiversación dos nosos topónimos co ánimo de encubrir que existe un idioma propio, que lle dá sentido á nosa existencia e que é concordante coa nosa forma de ser, propoño aquí documentación pra que administracións e empresas de sinalización entendan que non existe "San Cibrán de Lás", nin, moito menos, "San Ciprián de Lás", que sempre aparecen en todos os indicadores.

O santo, en Ourense non é nin "Cipriano" nin "Cibrán". En Ourense é SAN CIBRAO.

En canto á preposición de, pouca xente sabe que antigamente se denominaba As Las. Polo tanto, á hora de complementar o nome do patrón parroquial, temos que poñer unha preposición e un artigo, DAS (de + as). Na documentación do Catastro da Ensenada, no século XVIII, pon claramente San Ziprián DAS Las.

Entendo que o de "Ziprián" necesite actualización, pero o DAS Las penso que debería conservarse.

Aínda existen outras testemuñas moito máis antigas: En febreiro de 1401 está datado un documento dun foro no que os frades de San Clodio do Ribeiro do Avia "(...) damos et outorgamos a foro a vos Iohan Fernandes, morador en Louçia, frigisia de san Çibrao das Lââs, por en tenpo da vosa vida et de Aldonça Peres, vosa muller (...) o noso casar de Tras lo Río, que he en na frigisia de santa Ougea d'Eyras (...)".

En 1419 temos outra testemuña do topónimo das Las noutro documento de San Clodio. Nel "(...) o abade de Sant Cloyo e o prior e o convento aforaron a Rodrigo Ares, morador en na freygisia de Sant Çibrao das Laas, e a sua muller Aldonça Yanes (...) a quarta parte entregamente do casar de Pineyro, que jaz en na dita freygisia (...)".

CUEVILLAS en todos os seus artigos sobre o castro fala da Citania de San Cibrao DAS Las.










Web Castro de San Cibrao das Las
Ver artigo: San Cibrao das Las e as laxas
Artigo publicado o 15-09-2019 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0