Arredor de Lámbrica




A citania de Lámbrica está situada entre os concellos ourensáns de San Amaro e Punxín, a 12 quilómetros da vila do Carballiño, case a medio camiño entre as antigas zonas mineiras do Puzo do Lago, e da Madanela, e a ribeira do río Miño, onde está A Barca.
Lámbrica, a Cidade Forte (-briga) de Lam ([tʃan], posiblemente chao ou chaira), posúe un topónimo que describe características orográficas e humanas daquela citania, pois atópase a certa altura, é fortificada e tende a ser chaira ou chá. A característica humana é a fortificación, arrodeando de murallas un outeiro coa finalidade de defensa ou de control militar da contorna. O significado do topónimo podería ser, logo, A Cidade Forte da Chaira ou a Cidade Forte dos Chaos...







Web Arredor de Lámbrica
Artigo publicado o 07-12-2018 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e do monte do Santorcado: deuses, mouras, mámoas, petroglifos, castros, pedras, xentes...

 Imprescindibles
 Índice cronolóxico de artigos
 Pescudar nos artigos

© by Abertal