Arredor de Lámbrica


Muralla no castro do Santrocado
Muralla no castro do Santrocado (Ourense)

Entre a Citania de Lámbrica e o Castelo de Laias, na máxima altitude daquela contorna ribeirá do rio Miño, a 550 metros de altitude, está o castro do Coto do Santrocado. Aínda é posible ver algúns restos das murallas que o defendían.

Centro de vixiancia, de reunión e culto, máis que lugar permanente para habitar, dende tempos moi antigos, o privilexiado castro do Santrocado quedou como lugar sacro para a celebración da festa do 15 de maio, á que acudían nas respectivas procesións os veciños das catro parroquias que o circundan.

Máis alá do seu valor simbólico e relixioso para a contorna, ademais de regalía para a vista nos días claros, os mellores segredos do Santrocado continúan esquecidos debaixo da frouma e das xa recorrentes agresións humanas en forma de obras, camiños, acometidas e asfaltos.


Artigo publicado o 04-10-2017 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes, do monte do Santrocado e do Castelo de Laias: deuses, mámoas, petroglifos, castros, xentes...

 Artigos destacados
 Outros artigos, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal