Arredor de Lámbrica


Muro no Castelo de Laias
Muro no Castelo de Laias (Ourense)

Estas paredes escalonadas, de factura castrexa e pertencentes ao asentamento prerromano entre Laias e Barbantes, xa coñecido na bibliografía nos anos cincuenta e seriamente afectado polas administracións públicas, deben ser o pouco que queda dun dos xacementos arqueolóxicos máis ricos da contorna de Lámbrica, o Castelo de Laias.

Infelizmente continuamos a permitir o deterioro irreversible das pegadas da nosa historia, como parece denunciar o piñeiro que medra na muralla.

Mentres tanto, en San Cibrao das Las, a escasos quilómetros desta marabilla, á que os visitantes poderían acceder incluso andando, seguen a gastar diñeiro público que non parece redundar na protección nin na difusión do patrimonio arqueolóxico local.

Tanto Lámbrica, a Cidade da Chaira, en San Cibrao das Las, coma o Castelo de Laias forman parte dun círculo máxico con centro no Coto do Santrocado, coroado na súa cima por un pequeno castro con funcións de vixía e de centro relixioso.

Na ladeira sur, nuns impresionantes outeiros cara o río Miño, aínda podemos atopar o pouco que deixaron do Castelo de Laias cando as administraciónsn públicas construíron a autovía A52. A fotografía é de setembro de 2017. Máis fotos na galería.



















A Mina da Moura








Posible serpentiforme nunha peneda do Castelo de Laias



Galería de fotografías
O Castelo de Laias en Cenlle
📹 Desaparecido castro de Laias
Artigo publicado o 08-09-2017 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
A cada cousa polo seu nome... 🐍 e mirar arredor...

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0