Arredor de Lámbrica


Estado da ara de Eiras en 2016
Ara de Eiras. Fotografía obtida a través de Facebook
Chegan noticias por medio das redes sociais de que en outubro de 2016 a ara de BANDUA LAMBRICAE de Eiras presenta un deplorable estado, pouco recomendado para bens singulares pertencentes o patrimonio cultural. A ara de Eiras pode aportar información única e irrepetible sobre aspectos aínda non suficientemente estudados da nosa prehistoria e protohistoria, como por exemplo, o nome do castro das Las, os cultos practicados antes da cristianización ou a súa relación co territorio ou coa poboación que os practicaba.

Con data 30 de outubro de 2009 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito, firmado por un tal Felisindo, no que, entre outras cousas, se solicitaba:

"Que na mesma parroquia de Santa Uxía tamén existe un ara da época da romanización dedicada a Bandua Lambricae. Posiblemente o topónimo LÁMBRICA se refira ó castro de San Cibrao das Las, polo que o deterioro ou desaparición da peza pode privarnos dunha proba valiosa para posteriores estudos, que deberían encamiñarse á corrixir as lecturas discrepantes de diversos autores. Actualmente está na Casa Grande de Eiras, pero nunha visita en 2006 era patente o estado de abandono, con exposición directa ós axentes atmosféricos".

Na contestación ao tal escrito, con data 15 de xuño de 2011, non se fai referencia algunha á ara de BANDUA LAMBRICAE. Pero estamos seguros de que o traballo constante da Consellería de Cultura durante istes sete últimos anos deu o seu resultado. A imaxe que encabeza iste artigo, obtida no Facebook, é proba delo. Seguimos avanzando.

Recoméndase a comparación coa fotografía que o tal Felisindo fixo en 2007, cando aínda vivía Don Alfredo Lima López, quen permitiu o paso á Casa Grande e a realización da reportaxe.

Grazas a Javier Torres por compartir a fotografía.

Reafirmar que, tanto na copia de xeso como nas fotografías de 2007 era posible ler LÁMBRICA. Ignoramos que é o que se pode ler actualmente, dada a situación lastimosa que presenta.






Sobre el lugar de aparición del ara de Eiras
TRISTE DESTINO
A ARA DE EIRAS E LÁMBRICA
Artigo publicado o 12-10-2016 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes e do monte sacro do Santrocado: deuses, mámoas, petroglifos, castros, pedras, xentes...

 Artigos destacados
 Outros enlaces, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal