Arredor de Lámbrica


Posible miliario en Eiras


Facendo o pé dun cabaceiro, na eira da aldea de Eiras (San Amaro), atópae esta curiosa pedra circular que recorda a un miliario. Tamén pode tratarse dun trozo de columna cilíndrica.

Non garda relación, en canto á súa factura, cos outros pés do cabaceiro, polo que debe supoñerse como aproveitada doutra construción anterior.

Na aldea de Eiras están a igrexa parroquial, onde hai evidencias dunha antiga vila romana, e os pazos, ó seu carón, nun dos cales se atopa a ara de Bandua.

Nesta eira había nas décadas finais do século XX unha ducia de cabaceiros, tres deles de cantería. Hoxe quedan catro, algún deles en avanzado estado de deterioro.
Artigo publicado o 17-06-2015 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes, do monte do Santrocado e do Castelo de Laias: deuses, mámoas, petroglifos, castros, xentes...

 Artigos destacados
 Outros artigos, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal