Arredor de Lámbrica


📹 O Sol nos Chaos
Petroglifo do Abeiro do Raposo (Amoeiro)
Está á disposición pública "O Sol nos Chaos", un interesante documental sobre o patrimonio arqueoastronómico do concello de Amoeiro (Ourense) e dos seus arredores. Amoeiro está situado ó Leste de Punxín e San Amaro. A orografía, elevada relativamente con relación ao val do Miño, é tendente á planicie, se desbotamos algunhas pequenas formacións graníticas. Por iso se chaman Os Chaos.

O nome Chao tamén se atopan na microtoponimia de San Amaro, onde temos un exemplo no monte do Chao en Eiras. As superficies planas en altura están reflectidas igualmente noutro microtopónimo, no mesmo monte da Cidade, castro de San Cibrao das Las, A Chaira. Incluso o que se supón nome do antigo castro, Lámbrica, podería ter reminiscencias dun antigo nome que aludiría ás formas chairas na cima dos montes: A Cidade da Chaira ou dos Chaos.

Os autores do documental inciden nas relacións arqueoastronómicas de formacións graníticas con petroglifos que están no concello de Amoeiro, relacionándoas coa posición do Sol en certas épocas do ano e, tamén, coa posición no horizonte dos castros de San Cibrao das Las (A Cidade ou Lámbrica) e do Santrocado. Obviamente, o nome de Lámbrica, como en tantas publicacións e reportaxes, está ausente, mentras a ara de Eiras (San Amaro), onde está escrito o topónimo, espera á intemperie ser algún día rescatada e estudada adecuadamente.

Queda moito por dicir. Tamén faltan alusións ós petroglifos da Ermida e a outras moitas sorpresas que aínda nos agardan nas bocarribeiras do Miño central, arredor de Lámbrica, arredor dun dos maiores castros de Galiza.

Aínda así, trátase dun bo documental. Esperemos que, no futuro, os outros concellos implicados, San Amaro, Cenlle e Punxín, recollan o testigo de Amoeiro e aposten por dar a coñecer e valorar as manifestacións arqueolóxicas que xacen esquecidas polos seus montes.





















O petroglifo do Abeiro do Raposo (Amoeiro) e as serpes
Ver La plástica castreña en los alrededores de Lámbrica (I)
Artigo publicado o 18-02-2015 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame

  💫 Escolma de ligazóns ⭐
  💫 Artigos do blogue 📖
  💫 Buscar nos artigos 🔎

©️ Felisindo Glez. Iglesias. 2009-2021 💫
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0