Arredor de Lámbrica


Son cinco euros (5 €)
Lámbrica
Levo máis de trinta e cinco anos visitando o castro de Lámbrica (non Lansbrica), que coñezo como a palma da man. Teño recordos de precurar a fonte con escaleiras e a silla do rei cando os toxos eran máis altos ca min. Non tiven a oportunidade de presenciar escavacións, supoño que por non ter afinidade cos que as promovían, pero si estiven ó tanto de todo o que se publicaba. Observei con interese todo o que ían descubrindo e restaurando, campaña tras campaña. Desfrutei das estruturas arqueolóxicas e da natureza, vin raposos, coellos, paxariños, bolboretas e algún xabarín. Teño ido nos abrentes, ben cediño, experiencia que recomendo, cando as sombras das pedras son alongadas. Contemplei solpores en todas as épocas do ano. Levei ós nenos da familia para ensinarlle os lugares dos seus ancestros. ¿Vivían aquí? Fixen debuxos e fotografiei as súas murallas e as súas casiñas centos de veces. Ata fixen unha páxina web. Hoxe volvín, coma outras moitas veces, entrando pola parte de Ourantes, como fago sempre. Tratábase de pasar unha tarde fermosa, a primavera xa se nota, medraron os días... Pero no alto das murallas uns vixiantes -que impresión- con móbiles comunicándose entre eles semellaban falar de nós. Un grupo apareceu por alí, con alguén que portaba unha identificación. ¿Teñen a cartulina verde? ¿Qué? Si, a cartulina verde, teñen que collela no Centro de Interpretación. ¿Por pasear? Sí, sí. Pensei que ían deternos, pero deixáronnos cruzar o castro para chegar ó Centro de Interpretación, sen perdernos de vista, dende o alto das murallas, comunicándose cos seus móbiles. Son cinco euros... Grazas.





Ver galería de fotografías
Ver Descrición da citania de Lámbrica
Imaxinacións...
Artigo publicado o 08-03-2014 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Prehistoria, protohistoria e historia arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes e do monte do Santrocado: deuses, mouros, mámoas, petroglifos, castros, pedras, xentes...

 Imprescindibles
 Índice cronolóxico de artigos
 Pescudar nos artigos

© by Abertal