Arredor de Lámbrica


Lansbrica non existe / Lansbrica no existe
Ara de Bandua de Eiras (San Amaro)


A interpretación do epígrafe da ara de Bandua de Eiras non é fácil. Non imos deternos en algúns problemas que prantexa, quedándonos só con que está adicada por AEMILIVS REBVRRINVS a BANDVA e que fai mención dunha cidade ou territorio que chamaban LÁMBRICA.

A primeira noticia escrita que fala da ara de Bandua de Eiras foi dada por XAQUÍN LOURENZO FERNÁNDEZ en 1968 (Inscripciones romanas de Galicia IV, Provincia de Ourense). A fotografía que el acompañaba fora feita a un vaciado de xeso que había no Museo de Ourense.

A seguinte publicación corresponde a JUAN CARLOS RIVAS FERNÁNDEZ en 1973 (“Nuevas aras romanas orensanas”, en Boletín Auriense III). Nesta publicación apareceu o problema: BANDV / A LANSB / RICAE AE / MILIUS RE / BURRINUS. O topónimo que RIVAS plantexa é *Lansbrica ou *Lansbriga.

En 1977 ANTONIO RODRÍGUEZ COLMENERO (Galicia Meridional Romana) acepta a interpretación anterior, por parecerlle “la más acertada”, pero rectificará en 2000 vendo un O entre o N e o B: "En todo caso, la gran S, clarísima para Rivas, de Lansbricae, se convierte en una O suficientemente nítida para Tranoy y para mi." Este último, ALAIN TRANOY, publicara en 1981 (La Galice Romaine): BANDV / A LANOB / RICAE AE / MILIVS RE / BURRINVS. O topónimo convertérase en *Lanobrica e será seguido polo citado RODRÍGUEZ COLMENERO.

En 1987 BIEITO PÉREZ OUTEIRIÑO en "A Cidade de San Cibran de Las. Objectivos e resultados das ultimas intervencións arqueológicas" publica unha fotografía da ara de Eiras que non se corresponde coa realidade, á vez que continúa na teima orixinada en 1973 de que o topónimo do castro de San Cibran das Las é *Lansbriga.

En 2000, como xa dixen, RODRÍGUEZ COLMENERO, seguindo a TRANOY, asegura que o topónimo é *Alanobriga ou *Alaniobriga.

En 2004, MANUEL VIDÁN TORREIRA publica un artigo no que o máis destacable para min é a exposición diacrónica da historia da interpretación da ara de Eiras. Na derradeira páxina do artigo trae unha ilustración coa fotografía do vaciado de xeso de XAQUÍN LOURENZO. Tamén trae outra ilustración dunha publicación de RODRÍGUEZ COLMENERO. VIDÁN TORREIRA, que visitou a ara, viu claramente a letra M, aínda que a súa interpretación é moi diferente das anteriores.

Eu visitei a ara en 2007, grazas á amabilidade da persoa que custodiaba a casa neses anos, Alfredo Lima. Puiden facerlle fotografías á ara de Bandua, estando o resultado á disposición de todos en diversas direccións web. Fixen isto para combater ás meigas de Lámbrica, que confunden a moitos dos que se achegan a pescudar nos misterios da ara de Bandua.

Van alá seis anos e a ara segue á intemperie, sen acordarse ninguén dela, pese a que as administracións culturais da Xunta de Galicia teñen escritos ó respecto. Pero nas publicacións, sexan libros, artigos ou páxinas web séguese a falar de *Lansbriga e de *Lansbrica, cando ningunha destas palabras, topónimos, existiron en ningún lado. Só na imaxinación de RIVAS FERNÁNDEZ, onde se coceu toda esta confusión.

Son incontables os autores que falan do castro de San Cibrao das Las chamándolle *Lansbrica: Rivas Fernández, Fariña Busto, Rodríguez Cao, Xusto Rodríguez, Pérez Outeiriño, Castro Pérez, Otero Janeiro, Manuel Gago... e moitas, demasiadas, páxinas web. As meigas de Lámbrica deberon traballar arreo para que o topónimo que se ve na inscrición non poidese ser lido correctamente e para que o falso nome *Lansbrica fose espallado por ducias de investigadores que se alonxaron, inexplicablemente, dos procedementos científicos máis básicos que deben seguirse en calquera investigación ou traballo.

Se é así, se é unha maldición das meigas, non terei moito que facer. Sen embargo, para contrarrestar o meigallo, eu quero pedir que se protexa e se ensine o epígrafe, que se difunda e que se facilite o acceso á ara de Bandua de Eiras. Que todos poidan vela, admirala, estudala, que poidan saber que tivo relación co castro das Las, pero que non hai noticias de que proceda de alí. Que poidan tamén saber que en Eiras houbo unha vila romana, seguramente dependente politicamente da Cidade Fortificada das Las, onde o máis natural do mundo sería que tivesen, cando menos, un altar ou ara. Que saiban que un home de Eiras chamado Emilio Reburrino ergueu este altar a Bandua, un deus ou deusa tradicional prerromano que seguía recibindo culto cando na nosa terra xa se falaba e escribía en latín. Don Emilio podería, logo, descansar tranquilo pois *Lansbriga, para él, era totalmente descoñecida.









Lansbrica no existe

La interpretación del epígrafe del ara de Bandua de Eiras no es fácil. No vamos a detenernos en otros problemas que plantea, quedándonos sólo con que está dedicada por AEMILIVS REBVRRINVS a BANDVA y que hace mención a una ciudad o territorio que llamaban LÁMBRICA.

La primeira noticia escrita que conocemos del ara de Bandua de Eiras fue publicada por JOAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ en 1968 (Inscripciones romanas de Galicia IV, Provincia de Ourense). La fotografía que acompañaba había sido hecha a un vaciado de yeso que había en el Museo de Ourense.

La siguiente publicación corresponde a JUAN CARLOS RIVAS FERNÁNDEZ en 1973 (“Nuevas aras romanas orensanas”, en Boletín Auriense III). En esta publicación apareció el problema: BANDV / A LANSB / RICAE AE / MILIUS RE / BURRINUS. El topónimo que RIVAS plantea es *Lansbrica o *Lansbriga.

En 1977 ANTONIO RODRÍGUEZ COLMENERO (Galicia Meridional Romana) acepta la interpretación anterior, por parecerle “la más acertada”, pero rectificará en 2000 viendo una O entre la N y la B: "En todo caso, la gran S, clarísima para Rivas, de Lansbricae, se convierte en una O suficientemente nítida para Tranoy y para mi." Este último, ALAIN TRANOY, había publicado unos años antes, en 1981, (La Galice Romaine): BANDV / A LANOB / RICAE AE / MILIVS RE / BURRINVS. El topónimo se había convertido en *Lanobrica y será seguido por el citado RODRÍGUEZ COLMENERO.

En 1987 BENITO PÉREZ OUTEIRIÑO en "A Cidade de San Cibran de Las. Objectivos e resultados das ultimas intervencións arqueológicas" publica una fotografía del ara de Eiras que no se corresponde con la realidad, continuando con la tendencia originada en 1973 por RIVAS de que el topónimo del castro de San Cibran de Las es *Lansbriga.

En 2000, como ya se ha dicho, RODRÍGUEZ COLMENERO, siguiendo a TRANOY, asegura que el topónimo es *Alanobriga o *Alaniobriga.

En 2004, MANUEL VIDÁN TORREIRA publica un artículo en el que lo más destacable para mí es la exposición diacrónica de la historia de la interpretación del ara de Eiras. En la última página del artículo trae una ilustración con la fotografía del vaciado de yeso de JOAQUÍN LORENZO. También trae otra ilustración de una publicación de RODRÍGUEZ COLMENERO. VIDÁN TORREIRA, que visitó el ara, vió claramente la letra M, aunque su interpretación es muy diferente de las anteriores.

Visité el ara en 2007, gracias a la amabilidad de la persona que custodiaba la casa en esos años, Alfredo Lima. Pude fotografiar el ara de Bandua, estando el resultado a disposición de todos en diversas direcciones web. Hice esto para combatir a las meigas de Lámbrica, (habelas, hainas) que confunden a muchos de los que se acercan al ara de Bandua para descubrir sus misterios.

Pasaron seis años y el ara sigue a la intemperie, sin acordarse nadie de ella, pese a que las administraciones culturales de la Xunta de Galicia han recibido escritos al respecto. Pero en las publicaciones, sean libros, artículos o páginas web continúa hablándose de *Lansbriga o de *Lansbrica, aún cuando ninguna de estas palabras, topónimos, existieron en ningún lado. Sólo en la imaginación de RIVAS FERNÁNDEZ, en donde se originó toda esta confusión.

Son incontables los autores que hablan del castro de San Cibran de Lás llamándole *Lansbrica: Rivas Fernández, Fariña Busto, Rodríguez Cao, Xusto Rodríguez, Pérez Outeiriño, Castro Pérez, Otero Janeiro, Manuel Gago... y muchas, demasiadas, páginas web. Las meigas de Lámbrica debieron de trabajar mucho para que el topónimo que se ve en la inscrición no pudiese ser leído correctamente y para que el falso nombre de Lansbrica fuese difundido por docenas de investigadores que se alejaron, inexplicablemente, de los procedimientos científicos más básicos que deben seguirse en cualquier investigación o trabajo.

Si es así, si es una maldición de las meigas, no tendré nada que hacer. Sin embargo, para contrarrestar la maldición, yo quiero pedir que se proteja y se enseñe el epígrafe, que se difunda y que se facilite el acceso al ara de Bandua de Eiras. Que todos puedan verla, admirarla, estudiarla, que puedan saber que tuvo relación con el castro de Lás, pero que no hay noticias de que proceda de allí. Que puedan también saber que en Eiras hubo una villa romana, seguramente dependiente politicamente de la Ciudad Fortificada de Lás, donde lo más natural del mundo sería que tuviesen, al menos, un altar o ara. Que sepan que un hombre de Eiras llamado Emilio Reburrino levantó este altar a Bandua, un dios (o diosa) tradicional prerromano que seguía recibiendo culto cuando en nuestra tierra ya se hablaba y escribía en latín. Don Emilio podría, si esto se consigue, descansar tranquilo pues *Lansbriga, para él, era totalmente desconocida.









Bibliografía

GONZÁLEZ IGLESIAS, F.:"O patrimonio, esquecido, no San Amaro. Análise da situación do patrimonio nun concello rural na provincia de Ourense". en Ágora do Orcellón 17. Páx. 38-52. Vigo. Marzo de 2009. ISSN 1577-3205.

PÉREZ OUTEIRIÑO, B.: "A Cidade de San Cibran de Las. Objectivos e resultados das últimas intervencións arqueologicas (1982-1983)", en Lucerna, segunda série-vol. II. Centro de Estudos Humanísticos. Porto, 1987.

RIVAS FERNÁNDEZ J. C.: “Nuevas aras romanas y rectificaciones interpretativas en torno a otros epígrafes galaico-romanos ya conocidos”. Boletín Ariense, III. 1973.

RODRÍGUEZ COLMENERO ANTONIO, Galicia meridional romana. Universidad de Deusto, 1977.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Aquae Flaviae I. Fontes epigráficas. Universidad de Chaves. 1987.

RODRÍGUEZ COLMENERO A.: "Sobre un supuesto error epigráfico-histórico. Correcciones al ara de Bandua Aetobricus de Codesedo (Ourense) y a otros epígrafes de su amplio entorno". Cuadernos de Estudios Gallegos (Ver página 6 del documento en PDF). Tomo XLVII, Fascículo 113, Santiago 2000.

VIDÁN TORREIRA, M.: "Pambre y el enigma del ara de Eiras", en Nalgures, tomo I. Pág. 335. A Coruña, 2004 (Ver página 338 del documento)






BANDV ALAMB RICAEAE MILIVSRE BURRNVS
Ver artigo Lámbrica sempre
Ver artigo M de Lámbrica
Artigo publicado o 16-04-2013 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Arredor da citania ourensá de San Cibrao das Las e Ourantes, do monte do Santrocado e do Castelo de Laias: deuses, mámoas, petroglifos, castros, xentes...

 Artigos destacados
 Outros artigos, blogues ou webs
 Procurar en Lámbrica

© by Abertal