Música e máis


Proxecto interdiscipliario: "Sintonía de Nadal"
Hai un mes comezamos a preparar o Nadal dun xeito moi especial cos rapaces de 1º dende Relixión, Coñecemento do Medio, Lingua Galega e Música.
En relixión estiveron coñecendo o significado do Nadal co nacemento de Xesús e a simboloxía destas festas.
En coñecemento buscaron e situaron nun mapa todos eses lugares que aparecen cando falamos do nacemento de Xesús, observaron a decoración das aulas, dos corredores e do cole en xeral, falaron de como decoramos o barrio, a nosa casa e a cidade nestas festas...
En galego descubriron a simboloxía do Nadal en galego.
E en música coñeceron e aprenderon os instrumentos típicos de Nadal, os pintaron e os pegaron na árbore do corredor. Tamén escoitaron diferentes panxoliñas e prepararon a que ían cantar no Festival de Panxoliñas do cole.

Ademais das panxoliñas para o festival, adornaron o corredor cunha árbore de Nadal adornada con pandeiretas, cascabeis, zambombas, a botellas de cristal, estrelas de nadal, debuxos de Xesús, María e Xosé, Magos de Oriente, bolas de paz...

Foi un xeito diferente e innovador de aprender, ensinar e gozar co Nadal dende catro áreas diferentes. Tamén foi unha experiencia moi gratificante para o alumnado de 1º, ao igual que para os mestres implicados, o poder traballar en equipo e de forma conxunta.

Moitas gracias ás rapazas e aos rapaces de 1º por axudarnos a facer posible este proxecto e a Ada, Marta e Julián por implicarse nesta actividade.

E coma o proxecto xiraba ao redor do Nadal, non podemos deixar de Felicitarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO 2014.
Galería de Fotos na web do cole
Comentarios (0) - Categoría: Música 1º - Publicado o 19-12-2013 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Belén Musical


Durante este mes de decembro, as rapazas e os rapaces de 2º de primaria elaboraron un Belén moi curioso. Tódolos elementos do Belén, agás o neno Xesús, (San Xosé, María, os Magos, o portal, a estrela, o anxo, os camiños, o río, a ponte, as árbores...) están debuxadas con figuras musicais.
A idea xurdiu como colofón ao aprendido en música neste trimestre, posto que estivemos aprendendo e traballando as figuras musicais, os seu significado, a súa duración, o seu debuxo...Foron os propios rapaces os que exprimiron a súa imaxinación para dar forma aos elementos do Belén coas figuras musicais. Por exemplo: o portal son dous grandes corcheas, os troncos das árbores son claves de sol, os camiños, o río e a ponte están construídas con pentagramas, María e Xosé teñen negras, silencios de branca, brancas e un pentagrama, no río hai peixes, pedras e polas feitas con negras, brancas, silencios... a estrela de Nadal é un gran silencio de negra. E deste xeito o resto dos elementos: mula, boi, magos, ovellas, un campesiños ao redor dunha fogata.
Ao principio custaba moito ve-lo coma un Belén, pero pouco a pouco foi tomando forma e agora que o vemos rematado ten unha pinta excelente.
Deste xeito tan curioso, tódolos nenos de 2º de primaria queren desexarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO 2014
Pero non me podo esquecer de felicitar ás rapazas e aos rapaces de 2º pola súa imaxinación, creatividade e o seu traballo, este proxecto é exclusivo deles. Moitas gracias
Galería de Fotos na web do cole
Comentarios (2) - Categoría: Música 2º - Publicado o 19-12-2013 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto "Entroido dos Animais"
¿Como é posible meter nunha mesma actividades os tipos de alimentación, respiración, reprodución de animais e plantas cos instrumentos musicais?
Ben, pois os rapaces e as rapazas de 4º o conseguiron. Estivemos facendo desde mediados de novembro un proxecto conxunto con Coñecemento do Medio e Música.

Mentres en Música estivemos traballando as familias de instrumentos (vento, corda e percusión) en Coñecemento do Medio estaban aprendendo como funciona a fotosíntese, os animais polo seu tipo de alimentación (carnívoros, herbívoros e omnívoros), polo tipo de reprodución (sexual, asexual, vivíparos e ovíparos) e os tipos de respiración (traqueal, branquial e cutánea).
¿E como fomos capaces de unir música e animais nun mesmo proxecto? Tomamos como elemento de unión “O Entroido dos Animais” de Camille Saint-Saëns e o plasmamos todo nun mural no corredor entre a aula de 4ºA e a de 4ºB.

O mural foise construíndo pouco a pouco, ata que quedou completamente cheo de fotos, letras, debuxos e uns cordeis que unían os animais que aparecen no “O Entroido dos Animais” co instrumento que Camille Saint-Saëns pensou para representalo (por exemplo están unidos o león co piano, posto que nesta parte o piano representa ao león coma rei da selva).

Ademais das distintas clasificacións, destaca dun xeito moi especial os caligramas que fixeron en Coñecemento sobre a fotosíntese.
Quizais con palabras non se poida expresar do mellor xeito, polo que invítovos a ver a galería de fotos que sacamos para ver a evolución do mural.

Por suposto, de parte de Monse, Eduardo e pola miña parte, queremos agradecer a tódolos rapaces e rapazas que axudaron a que este pequeno proxecto fora para adiante e agardamos que aprenderan os instrumentos, os animais e as plantas dun xeito totalmente diferente ao que habitualmente o facemos.
MOITAS GRACIAS A TOD@S
Galería de Fotos na web do cole
Comentarios (0) - Categoría: Música 4º - Publicado o 19-12-2013 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Villancicos 6º

Este año las chicas y los chicos de 6º van a celebrar la navidad cantando estos villancicos tan bonitos. Pero le estamos cambiando la letra para que sea nuestro propio villancico.

Los de 6ºA van a hacer una versión de "I Met an Angel" de Auryn


También os dejo la versión karaoke


Y los de 6ºB van a hacer una versión de "Christmas Eve with you" de Glee


No encontré la versión instrumental, pero después de pelearme con el Audacity he sido capaz de quitarle casi toda la voz a la canción original. Así que os dejo también la versión karaoke para que la podáis escuchar
Comentarios (1) - Categoría: Música 6º - Publicado o 12-12-2013 16:59
# Ligazón permanente a este artigo









Para calquera dúbida:
julianguede@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 FOTOBLOGOTECA
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Creado e administrado por Julián Guede Freire. Calquera dúbida: julianguede@gmail.com
© by Abertal