Música e máis


Campamento Summer fun
Dende a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia queren propoñernos que participes no campamento de verán Summer Fun! , para rapaces de 8 a 14 anos en A Coruña, frente á praia do Orzán. É un campamento pensado para que poidas desfrutar e troular nuns días únicos de lecer coñecendo a novas amigas e amigos, á vez que adquires coñecementos e soltura co inglés

Datos-resumo do campamento Summer Fun! 2013

Campamento con formación lúdica en inglés todas as mañás e con actividades de lecer con uso maioritario do inglés polas tardes e noites.
Para rapaces de 8 a 14 anos (dende 3º de Primaria a 2º de ESO)
Dende o 15 de agosto pola tarde ata ao 25 de agosto pola mañá
No albergue Beiramar de A Coruña (frente praia do Orzán)

Existen dúas cuotas en función das necesidades:
350 € para rapaces en pensión completa (almorzo, xantar, cea e aloxamento)
250 € para rapaces de A Coruña que participan nas actividades do campamento dende as 10:30 hasta as 20:30 h (xantar incluído)

Inscrición aberta na web www.fedboscogal.org ou nas nosas 5 asociacións xuvenís (falar con David Montero)
Prazas limitadas




Equipo de animadores

Os monitores realizarán as actividades do campamento tódolos días e se encargarán do acompañamento e boa marcha tanto do campamento como dos participantes.
Son Titulados en actividades de Tempo Libre e titulados tamén en formación inglesa. Tamén contaremos con monitores europeos de fala inglesa.
Acompañarán e dinamizarán ós participantes non soamente nas actividades, senón tamén noutras cousas tamén importantes: comidas, descanso nocturno, aseo persoal…

Actividades
O resumo de actividades é o seguinte, dividido en tres momentos do día:

Mañás "Use of English". Actividades de formación lúdica 100% en inglés como, por exemplo: board-games, acting, listening to music, speaking, role-playing, reading, singing, dancing,...
Tardes lúdicas. Actividades con uso maioritario do inglés como, por exemplo: deportes, praia, parque acuático, visitas culturais, actividades na cidade, slackline, obradoiros, karaoke,...
Noites de festa. Actividades nocturnas con uso maioritario do inglés como, por exemplo: ciencia divertida, xogos, geocaching, xincanas, xogos de auga, concursos, rastrexos, baile-discoteca, veladas,...
As súas actividades están deseñadas para practicar a competencia lingüística no inglés sen empregar unha dinámica tradicional de aula

Qué inclúe o campamento?
Aloxamento no albergue
Manutención (almorzo, xantar e cea para os de pensión completa; e solo xantar para os residentes en A Coruña)
Material das actividades
Desprazamentos durante o campamento
Equipo de Monitores titulados as 24 h (un monitor por cada 10 participantes)
Director do campamento titulado, as 24 h
Coche de apoio
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2013 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Comenta
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:









Para calquera dúbida:
julianguede@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 FOTOBLOGOTECA
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Creado e administrado por Julián Guede Freire. Calquera dúbida: julianguede@gmail.com
© by Abertal