Hoxendía ensinar non é doado. Está claro que os tempos e a sociedade cambiaron e con eles tamén mudou a profesión de ensinar.
Podemos afirmar,xa o dicían os filósofos gregos,que todo evoluciona, o que temos que determinar é se o que pasou, aínda sendo producto da normal evolución, non supón unha involución.
Está claro que de seguir por este camiño, non se pode desenrolar con agrado e con ánimo de acada-lo éxito a nosa profesión.
Algúns alumnos non respectan a autoridade do mestre/a. Non se trata de axeonllarse cada vez que pase o mestre, nin tampouco de dicir a coro ¡bos días señor profesor!. Trátase do normal trato entre persoas. Por outra banda os alumnos/as deben traer da casa aprendido que ás persoas hai que respecta-las polo simple feito de o seren. Non é de recibo que un alumno-a escoite o seu primeiro "non" na escola por parte do seu/súa mestra.
O problema, ó meu entender, non se resolve simplemente con novas leis. Precísase un pacto entre profesores/as e as familias e o goberno apoiar e respaldar os acordos acadados, coa lexislación axeitada. Eu digo, de seguir por este camiño, o futuro vai levar a moitos profesionais do ensino ó sicólogo; sen ter en conta os danos irreversibles que lle estamos a facer á educación e á cultura do noso país.