Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Día das Letras Galegas
No departamento de Educación Física celebramos dun xeito especial o noso día das letras, traemos ao cole un baúl de xogos tradicionais.
Durante as clases de educación física aprendemos diferentes xogos tradicionais galegos .
Este baúl tamén o poderán utilizar a partir do 17 de Maio nos recreos.
Nel dispoñen de aros, a corda, o pano, buxainas, a chave, a petanca, chapas e bolos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2017 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
A Mascota deportiva
Xa temos mascota deportiva, a alumna Noa Ardao Galego de 2º de primaria foi a gañadora do I concurso da mascota deportiva.
Noraboa Noa e gracias a todos e todas por participar!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2017 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Día do libro
O venres 28 de Abril pechamos as actividades adicadas ao Día do Libro cun taller de pintura impartido por Leandro Lamas.
Ao rematar a ANPA agasallou a todo o alumnado cun saludable e refrescante batido de frutas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2017 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de deportes alternativos
O luns 24 de abril asistimos a unha xornada teórica e práctica de deportes alternativos no colexio Ponte de Xubia.
A charla foi dirixida a os alumnos de 6º de educación primaria , pero ademáis foi impartida polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do colexio Ponte de Xuvia.
Estes alumnos estiveron investigando sobre os deportes alternativos e fixeron uns traballos.
Foi unha mostra moi interesante e unha idea magnifica para aprender contidos novos de educación física.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2017 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Educación Física na rúa
O 25 de Abril celebramos o día da Educación Física na rúa.
Pasamos toda a mañá no paseo de Xubia, a nosa segunda aula.
Organizamos unha xornada de xogos cos nosos veciños : o colexio Ponte de Xubia.
Polo paseo parason todos os cursos de educación infantil e 1º, 2º e 6º de Educación Primaria.
Aproveitamos para coñecer novos xogos e novos
amigos.
O noso obxectivo era mostrarlles ao noso alumnado que no noso entorno máis cercano, o paseo de Xubia, temos un montón de posibilidades de facer actividade física, á vez, que nos divertimos moitísimo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2017 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal