Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Encontro intercentros en Maciñeira
O xoves 6 de abril tivemos o segundo encontro intercentros de brilé co colexio público de Maciñeira no Concello de Neda.
Ata alí trasladámonos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, como noutras ocasións, cada neno e nena tiña un color correspondente, xogaron uns colores contra os outros e así en cada equipo había alumnado dos dous centros cos que tiveron que relacionarse e interactuar para axudarse, conseguir brilar, en definitiva, xogar en equipo.
Unha magnifica experiencia de xogo e convivencia, que finalizamos cunha merenda conxunta no campo do recreo deste precioso centro situado na beira do río Belelle.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2017 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
2ª xornada de Atletismo ao Aire libre
O sábado 8 de abril comezamos as vacacións de Semana Santa coa segunda xornada de atletismo ao aire libre.
Os nenos e nenas madrugaron para estar tempraniño nas pistas do Inef en Bastiagueiro.
Así que ademáis de practicar un deporte que lles encanta como o atletismo, aproveitamos para coñecer a facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Os nenos e nenas participaron en 50 metros lisos, salto de lonxitude, 500 metros lisos e 1000 metros.
Resultados
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2017 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Judo con Primaria
Judo na escola: actividade lúdico-deportiva
O xoves 23 de marzo foi o turno dos máis pequenos para as sesións de judo.
Desde o centro quixemos achegar ao alumnado de primaria este deporte e así enriquecer as súas posibilidades motrices.
Desde a federación galega de judo enviaron un adestrador e seleccionador galego que nos ensinou unha gran variedade de habilidades de loita.
Os alumnos e alumnas de primero, segundo, quinto e sexto, gozaron moitísimo coa xornada de judo e quedaron con ganas de repetir.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2017 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal