Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornada deportiva co Club Deportivo Narón
Esta mañá , día 12 de marzo, pasamos unha xornada nos campos de fútbol do Club Deportivo Narón, alí xogamos ao fútbol da man dos seus adestradores e despois de merendar tiñamos unha vista moi especial: o concelleiro de deportes do Concello de Narón, nos recibía para darnos ademais da noraboa por ser tan deportistas , unha medalla!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2018 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando a ser saudables!
Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aprendemos a pirámide dos alimentos na clase de educación física, xogando e movéndonos, por supusto!
Estes/as rapaces saben un montón de alimentación saudable!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2018 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de nutrición
Dentro do Proxecto Deportivo de Centro e do grupo de traballo Cardioescolas, temos como obxectivo traballar a nutrición e os hábitos de vida alimenticios saudables.
Así que o alumnado de 6º de primaria tivo esta mañá o primeiro dos dosus talleres de nutrición que seguirá neste curos. Están a formarse na elaboración de platos saudables a partir do proxecto "My food plate" e na próxima sesión dedicaranse a lectura de etiquetas.
Con esta formación queremos que sexan capaces de ensinarlle aos máis pequenos o que aprenderon, así que faran de profesores e profesoras de contidos de nutrición para os cursos de 1º e 2º de primaria. Compartir os coñecementos é a mellor forma de facelos significativos!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2018 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Charla Cardioescolas
O mércores 28 de febreiro tivemos unha charla co médico Carlos Piñeiro sobre o programa Cardioescolas no que estamos a participar varios profes do centro.
Cardioescolas
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2018 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Ruta dos muiños
A pasada fin de semana, varios profes do cole, participaron na Ruta da Auga organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Cabanas. Foi unha andaina de case oito quilómetros, dos que a metade transcurriron pola beira do río Castro, onde puideron visitar máis de trinta muíños.
Un bonito modo de dar exemplo por parte do noso profesorado na promoción da actividade física.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2018 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Natación Sincronizada
As nosas alumnas Paola López e Iria Grandal consiguen a octava posición co Sincro Náutico Narón no Campionato Galego de base IV que disputouse o pasado sábado en Ourense. A competición desenvolveuse en categoría junior e infantil, sobre unha rutina libre.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2018 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Atletismo
O noso atleta de 3º da ESO Demba Sanyang do Atletismo Narón proclamouse esta fin de semana campión galego dos 200 m.e dos 400 m. Sub-18 no campionato galego de pista cuberta en Ourense.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2018 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Illa de plástico
Illa de plástico - Actividade de concienciación medioambiental.

Os nenos e as nenas de primeiro fixemos unha pequena illa de plástico co lixo acumulado dos almorzos.
Fixemos xogos para aprender a separar o plástico que xeramos e sobretodo aprender de maneira significativa a importancia da reciclaxe.
Finalizamos cunha exposición de fotos sobre as consecuencias que teñen os plásticos no mar, esta exposición está no salón de actos para que todos poidamos visitala.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2018 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Saída en bicicleta de 4º de primaria
O martes 27 de febreiro o alumnado de primaria realizará unha actividade de Educación Vial. Os nenos e nenas de 4º de Primaria sairán en bici polo paseo ata o muiño das Aceñas acompañados por profesoras e varios alumnos e alumnas da Eso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2018 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Premios Circuito Ferrolán de carreiras populares
Os nosos alumnos e alumnas atletas foron premiados nestes premios despois de sacra a máxima puntuación nas catro acrreiras que conforman o circuito.
Os premiados foron:
Miguel Guerra de 2º da ESO do Ría Ferrol
Gael Varela de 4º de primaria do CPR Jorge Juan
Noa Ardao de 3º de primaria do Atletismo Narón
Noraboa!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2018 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal