Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mesas-Bici
Todos os anos o Equipo de Educación Vial de Narón realizan unha campaña de recollida de bicicletas vellas ou en desuso no mes de Decembro.

As familias donan as súas bicicleta e o equipo de educación vial arránxaas e regálaas a veciños e veciñas necesitadas do noso concello coa axuda do servicio sociocomunitario de Narón.

Este proxecto publicitase a través dos medios de comunicación locais e con cartelería en colexios e lugares de interés.

Aproveitando esta publicidade, desde o noso centro colegio ocurriúsenos a idea de recoller e arreglar bicicletas estáticas para utilizar nas aulas durante os 15´/30´que cada grupo dedica ao fomento da lectura.

Ao equipo de educación vial gustóulle a iniciativa e incluiunos na sua publicidade, a idea tivo moita acollida por parte do centro e alumnado.

Así que á volta de Nadal tiñamos 6 bicicletas estáticas no centro e esperamos ir recibindo algunha máis ao longo do curso.

O profesorado de tecnoloxía e o seu alumnado encárgase da posta a punto, mantemento e reparación.

O alumnado de 6º de Educación Primaria son os primeiros en utilizalas no momento de lectura e así van aumentando o número de minutos diarios de actividade física recomendada pola OMS.

Lectura e exercicio son una combinación de hábitos de vida saudables que non teñen porque non ir da man.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2017 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada Intercentros de Brilé
O luns 13 de marzo organizamos unha xornada de Brilé no noso centro, invitamos ao colexio Ponte de Xubia, centro veciño do concello de Narón.

Participaron os alumnos e alumnas de 3º a 6º de Educación Primaria.
Quixemos que fora unha xornada lúdica non competitiva, así que cada curso se dividía en catro cores: azul, laranxa, verde e amarelo.
Cada cor era un equipo no que mezclamos alumnos e alumnas de ambos colexios para que se coñeceran e traballaran en equipo.
Con partidos de 10´de duración, xogaron todos contra todos e finalizamos cunha merenda no paseo de Xubia.
O alumnado quedou con ganas de repetir así que seguiremos organizando máis xornadas deste tipo e invitando a máis colexios da nosa zona.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2017 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Judo na escola
O venres 10 de marzo disfrutamos dunha xornada de Judo, a través da colaboración da Secretaría
Xeral e os técnicos da Federación Galega de Judo.

Unha actividade de introdución ao judo deseñada exclusivamente para o alumnado de secundaria.
Cun carácter eminentemente lúdico permitiu, a través do XOGO, coñecer e gozar desta modalidade deportiva.

O próximo 23 de marzo poderán disfrutar desta activiade os alumnos de educación primaria.

Este tipo de actividades teñen como obxectivo dar a coñecer unha amplia variedade de deportes ao noso alumnado para que poidan elexir que actividades físicas e deportivas queren levar a cabo no seu tempo libre.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2017 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional da Muller traballadora
O día da muller tamén estivo presente no noso proxecto deportivo de centro, o alumnado de "Promoción de estilos de vida saudables" fixeron unha preciosa exposición no salón de actos sobre Muller e Deporte.
O noso obxectivo é dar a coñecer a todas as mulleres que conseguiron grandes éxitos deportivos e que non coñecemos porque non están presentes como deberían nos medios de comunicación.

Na nosa exposición temos varios apartados:
- Mulleres pioneiras no deporte a nivel mundial
- Mulleres pioneiras do deporte en España
- Mulleres medallistas en Rio 2016
- Mulleres olímpicas galegas
- Mulleres olímpicas de Ferrolterra
- Mulleres alumnas do noso centro campionas de España

A exposición quedará no salón de actos ata fin de curso e por alí pasarán todos os alumnos e alumnas de todas as etapas.
A importancia de visibilizar os éxitos deportivos femininos está moi presente nesta fantástica exposición.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2017 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal