Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entroido Deportivo
Deportes acuáticosComo é tradición no noso centro celebramos a semana do entroido con diferentes actividades.
Este curso e reinvindicando o noso proxecto deportivo de centro, o alumnado acudiu ao centro disfrazados de diferentes deportes.
O luns deportes acuáticos, o martes deportes de equipo, o mércores disfraz libre e o xoves os disfraces elaborados por eles mesmos nas clases, este curso escolar a temática foi Exipto.
Pasámolo moi ben e trouxemos ao colexio un montón de complementos deportivos para compartir cos compañeiros e amosarlles os noso gustos deportivos.
Gracias pola vosa participación!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2017 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Campionato Provincial de Campo a Través
O vindeiro sábado 18 de febreiro celebrouse na Pobra do Caramiñal o campionato provincial de campo a través organizado polo deporte escolar galego.
O noso alumno clasificado foi Gael Varela, percorreu unha distancia de 1000 metros ás 11 e media da mañá e acadou o posto 10 da súa categoría.
Noraboa, esperemos volver o ano que ven.
Resultados
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2017 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Duatlón Escolar en Fene
O domingo 12 de febreiro o Club Triatlón Ferrol organizaba unha proba do duatlón escolar no concello de Fene.
Ata alí desplazáronse algún dos nosos alumnos que este curso comenzaron a participar na actividade extraescolar de Duatlón.
Hugo Corral, Gael Varela e Ernesto Porto foron os nosos representantes, completaron un circuito de 500 metros correndo, 2 kilómetros en bicicleta e 250 metros correndo.
Foi a súa primeira experiencia neste deporte e completaron a proba sen ningún problema.
Esperamos que sexa a primeira de moitas, noraboa!
Resultados
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2017 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Premios Circuito Ferrolán de Carreiras populares e Campo a través
O sábado 11 de Febreiro asistimos a entrega dos premios do Circuito Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a través.
Este circuito está composto por catro carreiras en distintos lugares do concello de Ferrol.
Cada corredor recibe unha puntuación en función das carreiras que participe e o posto acadado.
O noso centro participou en todas as carreiras: Esmelle, A Malata e San Xiao.
Ademáis un dos nosos alumnos obtivo o segundo premio: Gael Varela
Noraboa a Gael e a os seus compañeiros e compañeiras que tamén participaron nas carreiras.

Coincidindo coa entrega de premios celebrouse unha carreira popular, o memorial Xaquín Romero, nesta carreira participou o premiado Gael Varela e a súa profesora de Educación Física, Eva Teijeiro.
Resultados
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2017 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Saída en Bicicleta con 3º de Educación Primaria
O martes 31 de Xaneiro dimos por finalizada a unidade didáctica de bicicleta que levamos a cabo no mes de xaneiro en terceiro de primaria.

Para finalizar esta unidade dimos un paseo dende o colexio ata Neda, un precioso paseo libre de coches e cheo de paruqes donde poder disfrutar dunhas fermosas vistas á ría de Xubia.

O pasamos moi ben e non houbo ningún incidente, aínda que a intensa chuvia obrigounos a regresar antes a casa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2017 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Día día Paz
O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, como xa ven sendo habitual o fixemos organizando unha carreira popular.

Invitamos ás familias a participar e animarnos nesta xornada deportiva polo paseo de Xubia.

Ás 9 da mañá empezaron as carreiras de Primaria, cada curso colocouse na liña de saída co seu titor ou tutora á hora que tiñan asignada.

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º percorreron unha distancia de 300 e 400 metros respectivamente.

3º e 4º de primaria correron 800 metros e 5º e 6º de primaria fixeron 1200 metros, distancia que practican habitualmente nas clases de Educación Física.

Ás 10.00 da mañá foi o turno de secundaria que percorreron unha milla.

Os últimos en correr foron os alumnos e alumnas de educación infantil, animados polas súas familias percorreron 100 metros os maiores e 50 metros os máis pequerrechos.

Como fin de festa os membros da ANPA organizaron unha xornada de zumba, así que rematamos bailando todos xuntos no patio do colexio.

A ANPA tamén entregou un diploma a cada corredor e corredora e obsequioulles cunha merenda saudable composta por froita e auga.

Os resultados da carreira os podedes ver neste enlace e no taboleiro de deportes, asi como as fotos do evento.

Feliz día da Paz!
Diplomas da carreira
Corredores 1º de Primaria
Educación Infantil
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2017 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal