Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CLUB DEPORTIVO NARÓN
Seguindo coas actividades de promoción e difusión dos clubs da comarca , o martes 13 de decembro visitou o noso centro o club deportivo Narón.

O seu presidente e un dos seus adestradores falou aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria dos hábitos saudables do deporte, en concreto o fútbol.

O entrenador Juan Luis Amigo "Juanito" falounos da súa experiencia como xogador de fútbol, en equipos como Deportivo ou Betis;e da súa experiencia como adestrador hoxe en día.
Todos aqueles valores positivos que lle aportou o deporte para formarse como persoa.

Ao final da charla os rapaces e rapazas fixeron un montón de preguntas relacionadas co mundo do fútbol.

E recibiron moitos agasallos: balóns, camisetas de quencemento, bolígrafos e unha invitación para acudir unha mañá as súas instalacións deportivas no campo do Cadaval.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-12-2016 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Xadrez Narón
O mércores 30 de Novembro o club Xadrez Narón acercouse ata o noso colexio para impartir unha sesión de xadrez.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foron os privilexiados en coñecer un pouco máis este deporte.
Estas actividades tratan de promocionar a ampla oferta deportiva que ten o noso concello, queremos achegar ao alumnado todos os deportes que se poden practicar en Narón e que así poidan elexir o que máis lles guste.
Todo isto dentro do noso obxectivo de crear hábitos de vida saudables.
Finalmente aproveitamos para recordarlles que poden practicar xadrez tamén no colexio dentro das nosas actividades extraescolares.
Os luns de 16 a 17 na biblioteca do centro.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-12-2016 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal