Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Marcha pola igualdade
O vindeiro 25 de Novembro paticiparon os alumnos e alumnas de 5º e 6º nunha marcha pola igualdade.
Unha marcha en bicicleta pola estrada de Castela , desde o Colexio ata o Auditorio de Narón.
Na marcha tamén participaron os colexios Ponte de Xubia, O Feal e Virxe do Mar.
O noso obxectivo foi darlle visibilidade á violencia de xénero cunha marcha ciclista ata o auditorio de Narón donde ademáis disfrutamos dun monólogo sobre igualdade moi divertido e interesante.
Presntou o monólogo a concelleira de igualdade, que nos falou do dereito a decidir , a ser o que cada un queira ser!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2016 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
XXVIII GALA DO DEPORTE DE NARÓN
O venres 18 de Novembro celebrouse no pazo da cultura de Narón a XXVIII Gala do Deporte de Narón, unha gala onde se premia aos mellores deportistas de cada especialidade.
Nesta gala recibiu unha mención especial a nosa alumna Nayara Piñeiro, como integrante do equipo benxamín de ximnasia rítmica que acadaou o ano pasado o titulo de subcampeón de España.
Medalla que supón un logro enorme na rítmica galega , xa que é a primeira vez que un equipo benxamín consigue un podium nun campionato nacional.
Noraboa Nayara, esperamos que a túa carreira deportiva dure para sempre!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2016 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Medimos a Milla
O luns 14 de novembro a policia local de Narón prestounos a súa roda de medir, con esta ferramenta puidemos medir todas as rutas que percorremos polo paseo de Xubia.

Así coñecemos con maior precisión canto mide cada camiño e cantos metros percorre cada curso cada vez que sae a correr, anadar en bici, en patins ou pasear polo paseo de Xubia

Este lugar é a día de hoxe un espazo máis do noso centro ao que acudimos cada día a realizar calquer tipo de actividade física desde os máis pequenos aos maiores.

Esta actividade a realizaron os alumnos e alumnas de 1º de ESO na clase de "Promoción de estilos de vida saudables"
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2016 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Curso sobre DAFIS
O sábadfoo 12 de novembro o profesorado do departamento de Educación Física acudiu a un curso no Cefore sobre o uso da plataforma DAFIS.

DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), unha ferramenta elaborada ao abeiro do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as.
Galicia Saudable, no marco do “Plan Proxecta” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está implementando tres programas educativos (Xogade, Máis e Mellor Actividade Física e Proxecto Deportivo de Centro) entre o alumnado galego co obxectivo de fomentar que adquiran e consoliden unha vida activa e saudable. Unha das actuacións contempladas nestes programas educativos é a valoración da condición física saudable do alumnado.
Os protocolos de valoración da condición física saudable contemplados en DAFIS pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde e permite coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

O curso celebrouse en xornada de mañá cunha participación de 30 profesores/as de Educación Física.

Nos próximos meses chegará ao noso centro o material necesario para evaluar a condición física do alumnado, que esperamos que sexa unha experiencia moi positiva de cara a lograr ese obxectivo da mellora dos hábitos de vida saudables.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2016 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
I xornada de Campo a Través pinar de Cabanas
O sábado 12 de novembro os nosos deportistas acudiron á primeira carreira de campo a través da comarca de ferrolterra dentro do programa xogade do deporte escolar.

En categoría alevín masculina e sobre unha distancia de 1200 metros correron Yeray Niebla e Héctor Martínez.

En categoría benxamín e sobre unha distancia de 600 metros participaron en homes Gael Varela e en mulleres Noa Ardao.

O mal tempo durante toda a xornada non lles permitiu a moitos alumnos inscritos acudir ata alí, espero que na próxima cita nos acompañe o bo tempo.

Felicidades e noraboa a todos e todas!
Resultados
Fotos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2016 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión á Fervenza do Belelle
O venres 4 de novembro o alumnos e alumnas de 1º da ESO visitaron a fervenza do Belelle dentro da área de Promoción de hábitos de vida saudables.

A esta excursión tamén se uniron os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria.

Acudimos á fervenza en bicicleta acompañados polo equipo de Educación Vial do Concello de Narón.

Recorrimos uns 15 kilómetros desde o centro ata a Fervenza, pedaleamos polo paseo de Xubia e o paseo xunto ao río Belelle, lugares maravillosos da nosa comarca e cercanos ao centro.

A choiva acompañounos todo o camiño, pero con ganas e un chuvasqueiro non hai quen nos pare.
Fotos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2016 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Charla co Concelleiro de Deportes
O mércores 2 de novembro os coordinadores do departamento de educación fisica reuníronse co concelleiro de deportes do concello de Narón para mostrarlle o noso proxecto deportivo de centro e a aposta que ten este curso escolar o noso centro pola Saúde.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2016 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Campionato de Brilé
O venres 28 de outubro celebramos a festa do Samaín, ademáis de asar castañas e disfrazarnos, organizamos un campionato de brilé.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria encargáronse das inscripcións, os equipos tiñan que ser de 9 partipantes entre os cursos de 3º a 6º de primaria e 1º de ESO.

Cada equipo tiña que ter un nome e un representante, estes foros os equipos.

Grupo A

Creativos-Fogones-Infiernos-Diablillos

Grupo B

Terroríficos-Invencibles-Familia Kawaii-Dollar Niggis

O reglamento do campionato e a orde dos partidos colocáronse no tabolerio de deportes.
O alumnado de 4º de ESO foron os arbitros.

Estes foron os resultados:

Grupo A: Triple empate entre Creativos-Fogones e Infiernos.

Grupo B: empate entre Terroríficos e Familia Kawaii


Xogaremos os desempates na próxima clase de Educación Física, sorte a todos e todas e gracias por participar!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2016 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
O profesorado de educación física como axente de saúde e dinamizador do centro
O 24 de outubro comeza un curso no centro de formación de profesorado co titulo de "O profesor de educación física como axente de saúde e dinamizador do centro".

Os obxectivos deste curso son:

1.Dotar ao profesorado de estratexias que lle permitan a promoción da actividade física e deportiva no alumnado para a dinamización do centro dende a área de educación física.

2.Sensibilizar e formar o profesorado de educación física como axente activo de saúde na escola.

3.Presentarlle ao profesorado documentos marco para o deseño de propostas prácticas, así como actividades levadas a cabo noutros países.

O curso está impartido por:
Francisco Tenreiro Gavela é Profesor de EF no IES Sofía Casanova
Orlando Blanco Iglesias é Técnico da Consellería de Sanidade. Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde. Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.
Ramiro Piñeiro Oliveira é Profesor de EF e director no IES de Melide
Ana María Martínez Lorente é doutora en medicina, Diplomada en Alimentación e Nutrición Aplicadas, Experta Universitaria en Nutrición Pediátrica
Carlos Piñeiro Díaz é médico no centro de saúde de Narón, e referente do proxecto Naron cidade activa 2015-2020
Antonio Rial Boubeta é doutor en psicoloxía social e profesor titular da área de metodoloxía das ciencias do comportamento da USC.

A nosa especialista en educación física de primaria acudirá ao curso para enriquecer o noso proxecto deportivo de centro.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2016 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
I Carreira-Andaina Solidaria pola Saúde Mental Narón
O domingo 16 de outubro celebrouse no paseo de Xubia a primeira carreira e andaina solidaria pola saúde mental.
O departamento de Educación Física do noso centro colaborou na organización de este evento deportivo xunto con outras entidades do concello de Narón.

Alumnos e familares tamén participaron na carreira e na andaina nunha maravillosa xornada de actividade física e solidariedade.

Esperamos que sexa a primeira de moitas máis carreiras/andainas e seguir colaborando coa Asociación de Familiares e Amigos de Persoas con Enfermidade Mental: AFAES.

Asociación que xa leva un par de anos acudindo ao noso centro para sensibilizar ao alumnado de secundaria coas enfermidades mentais a través dunhas charlas moi positivas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2016 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal