Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Camiños Escolares Seguros: Bica e Arrinca
Evitar as habituais aglomeracións de tráfico nos entornos dos centros educativos e fomentar que os estudiantes vaian andando a clase.
Son os obxetivos do programa posto en marcha polo área de Seguridade Vial do Concello de Narón e que comezará a ver os seus frutos o próximo luns.
Desde esa xornada estarán habilitadas na porta dos centros urbanos áreas onde non se pode aparcar, pero si parar o imprescindible para que se baixen os alumnos, collan a mochila e vaian a clase, dentro da iniciativa Bica e Arrinca.
O noso colexio será pioneiro en poñer en práctica esta saudable iniciativa do concello que esperemos teña a mellor acollida posible entre toda a nosa comunidade educativa.
Bica e Arrinca
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2017 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Intercomarcal Campo a través
O Concello de Ferrol, coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e da Delegación de Atletismo en Ferrol organizou o XVII Circuito Ferrolán de Carreiras populares e Campo a Través o 14 de xaneiro en As Cabazas (Esmelle).

Os dous primeiros equipos e 8 primeros corredores que formasen parte dun equipo se clasificaban para o campionato provicial, que será o vindeiro 18 de febreiro na Pobra do Caramiñal.

Gael Varela clasificouse na categoría benxamín.
Noraboa!
Resultados
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2017 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
San Xiao 2017
Os nosos alumnos de 3º de Primaria: Gael Varela e Hugo Corral quixeron despedir as vacacións de Nadal correndo a tradicional carreira ferrolana de San Xiao.
Esta proba pertence ao circuito ferrolano de carreiras no que participa o colexio dentro do programa xogade.
Demostraron unha vez máis que lles encanta correr e que están en formar para continuar facendo a milla todas as mañás, en xaneiro empezamos con catro días á semana.
Resultados
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2017 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
1 km Solidario
Coma todos os anos polo Nadal realizamos unha cadea humana solidaria dende o noso colexio ata o centro de Cáritas do noso barrio, alí os nenos e nenas deixan alimentos para as familias máis necesitadas do barrio.
Este curso escolar cambiamos a ruta e así engadimos un pouco de actividade física ao noso reparto de comida, así que a cadena humana recorreu 1 kilómetro de distancia para chegar ao centro de Cáritas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2017 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os Reis Magos visitan o cole en bicicleta
O último día do primer trimestre e antes das vacacións de Nadal organizamos coma todos os anos un festival de Nadal donde están invitadas todas
as familias da nosa comunidade educativa.
Despois das panxoliñas, representacións e bailes; chegou o plato forte da mañá: a visita dos reis magos e como era de esperar no noso centro, apareceron nun vehículo moi saudable: a bicicleta!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2017 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal