Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Camiños escolares seguros
Comezamos este segundo trimestre coas rutas escolares seguras por fin a nivel oficial.
O obxectivo que perseguimos é que todos os escolares acudan de forma autónoma ao colexio. Van camiñando solos ou en compañía de familiares e amigos cos que se van encontrando nos diferentes puntos de encontro colocados ao longo de cada itinerario. Os itinerarios foron diseñados polo equipo de educación vial do Concello de Narón coa axuda do profesorado do centro. Os itinerarios dispoñen de sinais verticais e horizontais marcadas no chan.
A nosa axuda principal foi realizar enquisas de movilidade a todo o alumnado a través da plataforma Geomove, onde queda reflexado o recorrido que realizan para vir ao colexio.
Ademáis organizamos reunións informativas para as familias e practicamos os recorridos nas clases de educación física.
Finalmente o alumnado que participe leva un chaleco identificativo e unha pulseira que deberá pasar polo Check Point, nese momemto a súa familia recibe unha mensaxe ao móvil conforme o seu fillo/a xa está na escola.
Unha iniciativa fabulosa do noso concello que ademais premiará aos camiñantes con descontos nos comercios de Narón.
Camiños escolares seguros
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2018 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal