Educacionfisicanajorgejuan


Proxecto deportivo de centro escolar de Educacion primaria e secundaria

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Día día Paz
O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, como xa ven sendo habitual o fixemos organizando unha carreira popular.

Invitamos ás familias a participar e animarnos nesta xornada deportiva polo paseo de Xubia.

Ás 9 da mañá empezaron as carreiras de Primaria, cada curso colocouse na liña de saída co seu titor ou tutora á hora que tiñan asignada.

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º percorreron unha distancia de 300 e 400 metros respectivamente.

3º e 4º de primaria correron 800 metros e 5º e 6º de primaria fixeron 1200 metros, distancia que practican habitualmente nas clases de Educación Física.

Ás 10.00 da mañá foi o turno de secundaria que percorreron unha milla.

Os últimos en correr foron os alumnos e alumnas de educación infantil, animados polas súas familias percorreron 100 metros os maiores e 50 metros os máis pequerrechos.

Como fin de festa os membros da ANPA organizaron unha xornada de zumba, así que rematamos bailando todos xuntos no patio do colexio.

A ANPA tamén entregou un diploma a cada corredor e corredora e obsequioulles cunha merenda saudable composta por froita e auga.

Os resultados da carreira os podedes ver neste enlace e no taboleiro de deportes, asi como as fotos do evento.

Feliz día da Paz!
Diplomas da carreira
Corredores 1º de Primaria
Educación Infantil
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2017 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal