Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA
Portada libro João da Nova?De Maceda ás illas Agalega: 515 anos da viaxe de João da Nova?. Así titulaba o xornalista David Reinero un logrado traballo sobre o navegante macedán. Acompañábao coa portada do pioneiro libro de Santiago Prol, ?João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal? que tivera a ben publicar a Deputación de Ourense en 2002, e que logo fora acompañado pola una exposición permanente -de 20 paneis- que comisariou o investigador de Maceda (e que está recollida nesta bitácora). Eis o aqueloutrado texto que publicou Reinero no portal Praza Pública o 18 de agosto deste 2017:
?En setembro de 1502, hai agora 515 anos, arribaba a Lisboa o mariño João da Nova. Volvía da terceira expedición portuguesa á India, tras a primeira na que Vasco da Gama logrou superar o cabo de Boa Esperanza e a segunda na que Álvares Cabral fixo oficial a chegada lusa a Brasil. Naquela viaxe súa, João da Nova descubriu na metade do Atlántico as illas Ascensión e Santa Elena, na que tres séculos despois morrería Napoleón; pode que chegase mesmo a Ceilán, hoxe Sri Lanka; e nomeou unhas pequenas illas no Índico, entre Madagascar e as Seychelles, como Agalega. A República de Mauricio, á que hoxe pertencen, cre na orixe galega do topónimo. Porque o seu descubridor, ás ordes de Portugal, naceu en Maceda, é coñecido aquí como Xoán de Nóvoa e cunha terceira grafía plurilingüe tamén dá nome a outro dos seus descubrimentos no Índico, a Île Juan de Nova.Ás ordes de Portugal, en setembro de 1502 o galego Xoán de Nóvoa arribaba de volta a Lisboa tras chegar á India, descubrir as illas de Santa Elena e Ascensión e pode que mesmo acadar Ceilán

En 2002, coincidindo co quinto centenario daquela primeira viaxe de João da Nova á India, o investigador Santiago Prol, tamén macedense, publicou un libro no que recolle todas as referencias historiográficas sobre o mariño e fía un relato sobre a súa vida e o contexto das súas expedicións. Nacido aproximadamente en 1460 en Maceda e de familia nobre, Xoán de Nóvoa pasou a Portugal tras as revoltas irmandiñas. En Lisboa formouse e chegou a ser alcaide ou xefe militar da cidade en 1496, antes de converterse en quen para Prol foi o galego máis relevante do século XVI, un navegante case descoñecido na súa terra pero ao que Portugal e Gran Bretaña lembran con rúas, moedas e selos na súa honra.

A primeira viaxe de João da Nova á India seguiu a ruta impulsada polos portugueses para superar máis rápido África, que consistía non en navegar abeirados ao continente senón en dirixirse cara o centro do Atlántico para coller alí ventos máis fortes. Esa traxectoria foi a que permitiu aos portugueses tocar Brasil na súa segunda viaxe á India e a João da Nova descubrir na metade do Atlántico sur as illas de Ascensión, á ida (á que chamou daquela Ilha de Nossa Senora de Conceição e renomeada dous anos despois por Afonso de Albuquerque) e de Santa Elena, á volta. Na mesma viaxe de ida, pero xa no océano Índico, João da Nova supostamente nomeou as illas Agalega, entre Madagascar e as Seychelles. O topónimo é para Prol e outros investigadores unha proba do seu descubrimento polo galego ás ordes de Portugal, aínda que outras teses atribúeno a unha derivación do termo portugués galé, que nomea un tipo de barco. João da Nova permaneceu un tempo enfermo na hoxe denominada Île Juan de Nova e morreu en Cochin, ao sur da India, en 1509. Naquela primeira viaxe á India, Santiago Prol aínda lle atribúe a João da Nova outro logro máis. O da primeira chegada dun europeo á illa de Ceilán, hoxe Sri Lanka, e que daquela podería ser coñecida como a mítica illa de
Taprobana, así mencionada por Camões na primeira estrofa do seu Os Lusíadas. Alí foi atopada unha inscrición portuguesa datada en 1501, ano no que pola zona só navegaba João da Nova.


O mariño faría unha segunda expedición á India en 1505 da que xa non retornaría a Lisboa. Na viaxe de regreso, segundo relata Prol no seu libro, permaneceu un tempo enfermo na hoxe denominada Île Juan de Nova, no estreito que separa Madagascar de Mozambique. Alí recolleuno en 1506 Tristão da Cunha, co que participou nunha campaña militar para crear bases portuguesas en Ormuz e Omán, antes de acabar os seus días en Cochin, ao sur da India, en 1509?.
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 05-09-2017 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0