Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Ouro de Ourense
O ouro de OurenseO Ouro de Ourense, libro publicado no ano 2015 pola editorial Engaiolarte no que o autor Bieito Iglesias acompañado das fotografías de Xulio Gil misturando a literatura e o ensaio presentan libro moi especial sobre a cidade máis literaria de Galicia, unha proposta de viaxe física, histórica, paisaxística e mesmo autobiográfica. En palabras do seu autor ?coido que construín unha viaxe á semente, unha evocación do pasado de Ourense, que como di o tópico, sempre é unha viaxe a un país estranxeiro?.

Dentro das súas 216 paxinas atopamos o seguinte na páxina 146:
?Apuntaremos unhas notas sobre os Nóvoa, vencellados ao señorío de Maceda e que deron varios bispos afinais do século XIII e principios do XIV, protagonistas de medio século de estarrecente dominio eclesiástico sobre a cidade de Ourense: Pedro Eanes de Nóvoa, déspota, pirómano e sacrílego que ordenou queimar o convento franciscano, Gonzalo Nuñez Daza e Osorio, Gonzalo Pérez de Nóvoa e Álvaro Perez de Biedma. Entro outros rnovos laicos paga a pena mencionar a un Xoán de Nóvoa que defendeu a ponte romana en 1386 contra o duque de Lencastre, pero sobre todo sobrancea Joao da Nova, mariño ao servizo da coroa portuguesa historiado por Santiago Prol, descubridor das illas da Ascensión e Santa Helena, da Taprobana (Ceilao ou Sri Lanka), navegante con illa que leva o seu Nome no canal de Mozambique e que viaxou tres veces á India para morrer en Cochim.
Como mareado polos bandazos da nau Frol de la Mar na que navegaba don Joao, retorna o viaxeiro??


Libro recomendado.
Editorial Engaiolarte
Categoría: 11-Libros - Publicado o 21-07-2016 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0