Todo o referente o Navegante João da Nova |
|
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A ESTRATÉXICA ILLA ASCENSIÓN (2) |
|
?A ilha de Ascensão é uma das ilhas mais estrategicamente localizadas do mundo, sendo que a base aérea da Força Aérea Real do Reino Unido existente na ilha (Base Aérea da Ilha de Ascensão), serve de base para as operações militares dos Estados Unidos e do Reino Unido no Atlântico Sul, na América do Sul e na África. Além disso, a ilha de Ascensão abriga uma das cinco antenas responsáveis pela operação do Sistema de Posicionamento Global (GPS), além de uma das estações retransmissoras (em ondas curtas) da rádio BBC World Service, que é a maior emissora de rádio do mundo. Área: 91 km². Cidade principal: Georgetown.
A ilha foi descoberta em 1501 pelo navegador galego João da Nova, enquanto ao serviço de Portugal. João da Nova dirigia-se à Índia, tendo nessa viagem também descoberto a ilha de Santa Helena. O seu nome actual resulta da sua redescoberta por Afonso de Albuquerque no dia de Ascensão de 1505. Portugal nunca colonizou a ilha, só vindo a ser ocupada em 1815 pela marinha britânica.
Na ilha de Ascensão existem poderosas estações de interceptação de sinais (SIGINT) enviados via satélite e via radiodifusão. O próprio serviço de inteligência criptológica britânico (GCHQ) possui uma estação na ilha, localizada na vila de Two Boats. Além disso, também existem na ilha estações de monitoramento que são capazes de detectar possíveis testes nucleares realizados na América do Sul e na África. Pelo fato de o GCHQ desenvolver atividades na ilha, especula-se que a ilha de Ascensão seja uma das possíveis bases do sistema de monitoramento global, mais conhecido como Echelon.Na ilha de Ascensão também está localizada uma das estações da emissora de números (rádio) E5/V5, também conhecida pelos apelidos de "Cynthia" e/ou "The Counting Station", que é supostamente operada pela CIA na comunicação com os seus agentes secretos espalhados pela América do Sul e pela África?.
|
|
|
|
A XEOESTRATÉXICA ILLA ASCENSIÓN (1) |
|
Regresamos para asuaugarnos outra vez nunha das illas descubertas polo mariño galego João da Nova, que hogano funciona como unha base militar británica moi aqueloutrada, xeoestratétixamente situada no Atlántico Sur e que se amosa capital para a USAF norteamericana e a RAF británica. Foi relevante na Segunda Guerra Mundial (1939/45) e fundamental na Guerra das Malvinas (1982). Hoxe alí tamén fai probas a NASA para futuras expedicións á Lúa e a Marte. Outrosí se emprega como estación de seguimento de satélites, como centro de investigación do espacio exterior e de espionaxe [e misións secretas] no planeta Terra. A base ampliouse para permitir aterraxes de emerxencia dos transbordadores espaciais. Santiago Prol -ao que estamos intertextualizando- dedicoulle na biografía de referencia (João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal, 2002), un interesante capítulo (pp. 84-88) abondo ilustrativo. Imos complementalo tirando, desta volta, da entrada da Wikipédia, a enciclopédia livre (en portugués), actualizada o 12/06/17. O aeródromo da illa mantén dous voos charter semanais dende o Reino Unido (e as Malvinas) e outro dende Cabo Cañaveral en EEUU. Penduraremos esta nova incursión en varias achegas no portugués orixinal:
?A ilha de Ascensão é uma pequena ilha britânica no oceano Atlântico Sul, constituinte do território britânico ultramarino de Santa Helena, Ascensão e Tristão da Cunha. Muito isolada, o seu vizinho mais próximo é Santa Helena, cerca de 1 300 km para sudeste, seguindo-se a costa da Libéria, cerca de 1 700 km para nordeste. A oeste, a porção de terra mais próxima no continente sul-americano é a Ponta do Funil, localizada no município brasileiro de Goiana, no estado de Pernambuco. A distância entre Ascensão e a Ponta do Funil é de 2 249 km. Levando-se em consideração as ilhas oceânicas do Brasil, as distâncias são de 1 923,9 km até o arquipélago de São Pedro e São Paulo; de 2 039,7 km até a ilha Rata, em Fernando de Noronha; e de 2 079,9 km até a ilha Martim Vaz, no Arquipélago de Trindade e Martim Vaz (...)?.
|
|
|
|
O ARQUIPÉLAGO CARGADOS CARALLOS (2) |
|
O xornalista Eduardo Rolland, que mesmo ten investigado -a fondo- os vestixios dos nazis na Galiza dos anos 40 e posteriores, fixo unha incursión -a máis dunha banda- sobre Joao da Nova, as súas descubertas e a súa Maceda de orixe. No xornal ?La Voz de Galicia? (25/08/2013) e logo en ?GCiencia?, o Portal da Ciencia Galega (23/04/2014), inseriu un traballo sobre o navegante de Maceda quen titulou ?O ourensán que descubriu as Illas dos Cargados Carallos?. Velaí a primeira parte do seu artigo:
?Teñen nome de película de Jack Sparrow. Aínda que encaixar o seu significado poñería nun brete ós guionistas de Piratas do Caribe. Porque o arquipélago de Cargados Carallos ten un topónimo difícil. Pero así bautizou estas illas o ourensán Xoán de Novoa, cando as descubriu, no ano 1501. Situadas no océano Índico, e hoxe pertencentes á República de Mauricio, poderían ser o enclave máis exótico do mundo con nome galego.
Nesta clasificación compiten con outra illa, tamén pertencente ao grupo das Mascareñas, e que leva por nome o propio de Galicia. Trátase de Agalega, así todo xunto. E tamén foi bautizada por Xoán de Novoa (Joao da Nova) a quen os portugueses, baixo cuxa bandeira participou nas ?Descobertas?, alcumaban Joâo Galego.
O arquipélago de Cargados Carallos está composto por 16 illas, situadas fronte a Mauricio e Madagascar. Habítanas case un cento de nativos, cuxo xentilicio non queremos imaxinar [caralláns, caralludos, caralleiros... -engadido noso-] Os ingleses, máis finos que Xoán de Novoa (Joao da Nova), as chaman Rochas de San Brandón (Saint Brandon Rocks). Teñen cincuenta quilómetros de longo por só cinco de ancho?. |
|
|
|
O ARQUIPÉLAGO CARGADOS CARALLOS (1) |
|
Imos meterlle o dente denta volta a un singular arquipélago. Desta volta tiramos da Galipedia (a Wikipedia en galego), xa que logo fai referencia ao navegante vencellado con Maceda (Ourense) e do que o investigador Santiago Prol artellou a súa biografía de referencia a escala global (João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal, Dep. Ourense, 2002). Eis o texto da entrada na biblioteca virtual:
?O banco de Cargados Carallos (tamén coñecidas coma Cargados Carajos e as Rochas San Brandón, Saint Brandon Shoals) son un grupo de entre 16 e 20 pequenas illas e illotes, nun arrecife situadas no Océano Índico, ao noreste das Illas Mauricio. O seu nome é debido ao navegante galego Xoán de Nóvoa (João da Nova). As illas teñen unha área total de terra de 1,3 km². O arrecife mide máis de 50 quilómetros de norte a sur e 5 quilómetros de ancho, cortado por tres pasos; en total a área do arrecife abrangue 190 km². As illas teñen unha pequena poboación, conformada maioritariamente por nativos e posúe vizosa fauna e flora. O arrecife de Cargados Carallos depende administrativamente das Illas Mauricio, aínda que están situadas a máis de 300 km o extremo sur, polo que están administradas dende a súa capital Port Louis. Forman parte das illas Mascareñas.
Xa eran coñecidas polos navegantes árabes. Foron primeiramente cartografadas por navegantes da coroa de Portugal -con João da Nova á fronte- segundo Auguste Toussaint coma Coroa dos Garafos, "aves mariñas da coroa". Foron ocupadas en 1598 por holandeses e pasaron a ser protectorado francés en 1722. O dominio británico iniciouse en 1810. Os primeiros mapas detallados apareceron en 1742, xa coma base pirata. O atol que dá orixe aos baixos e illas que forman o grupo, ten o seu bordo máis elevado do lado oeste. É ao longo dese lado do atol onde están os diversos illotes e rochedos que constitúen as illas Cargados Carallos?.
|
|
|
|
|
|