Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ROTA DAS ESPECIAS: PEMENTA E CANELA
Sri Lanka 1482Imos achegar á bitácora novos documentais [ferramentas que na altura de 2002 -cando publicamos o libro sobre o mariño galego- non tiñamos coa profusión e profundidade de hogano. Tampouco existía Youtube, que naceu en febreiro de 2005 e revolucionou o mundo audiovisual]. Desta volta sobre o contexto no que se moveu João da Nova (Maceda, ca.1460 ? Cochim, 1509) na xeira das descubertas portuguesas en Oriente.

As especias forxaron o mundo moderno co mercantilismo como eixo central, con viaxes interminábeis -circunnavegando África- dende Lisboa até as costas occidentais do Sur da India. O filme, presentado por Kate Humble, titúlase ?The spice trail: pepper and cinnamon?. Emitido por TVE-2 e publicado en Youtube pola Asociación Cultural Iberoasiática IBERSIAN S. A., dura 57´47´´. Mergúllase na rota dos primeiros buscadores europeos de especias [o ouro negro dos séculos XV e XVI]. Creáronse e destruíronse imperios. Fortunas e moitas vidas estragadas. Un dos períodos máis apaixonantes da Historia de Occidente (e de Oriente). Xustificábase case todo en nome das especias [mesmo coa conivencia papal]. Este documental procura un achegamento a Cochim, o centro neurálxico do comercio das especias [pementa e xenxibre] no Malabar indio [actual estado de Kerala]. Mergúllase no microcosmos das plantacións, recollida, elaboración e comercialización da pementa negra [planta rubideira] que se daba moi ben naquelas terras. Os intres claves que focalizan aos pioneiros portugueses [Vasco da Gama, Álvares Cabral, João da Nova...] podemos ollalos dende o minuto 11´30´´ en adiante.

Logo viaxa até a Illa da Canela, a mítica Taprobana, antano Ceilán e hogano Sri Lanka. Lembremos que João da Nova tocou esa illa en 1502, aínda que non se oficializou a súa ?descuberta para os occidentais? até 1506. A incursión comeza no minuto 34´17´´. A canela aportaba un sabor exótico moi apreciado pola elite europea do século XVI. O seu proceso de elaboración -sempre manual- esixe moito esforzo e profesionalidade. Os portugueses tamén foran a Oriente para ?salvar almas?. Apenas puideron ?meterlle o dente? ao budismo dominante [e ao dente de Buda]. Eis este fascinante documental, que nos traslada ao Kerala indio, ao que se achegou o mariño ourensán, cando comezaba o século XVI, mesmo sentando as bases dunha nova realidade política, económica e social a escala mundial.

A Rota das Especies
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 20-05-2018 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0