Todo o referente o Navegante João da Nova |
|
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA |
|
Presentación literaria de Santiago Prol Blanco
Chega ás librerías un novo libro do escritor e investigador Santiago Prol Blanco publicado pola editorial ?Difusora de letras, artes e ideas?, máis de 250 páxinas nas que sé recolle ós nobres vencellados á Maceda e ao seu castelo na que o autor percorre, expón e nós achega á historia de Maceda dende as vivencias dos seus personaxes de máis nobreza, Un libro que abrangue aos nobres vencellados ao Castelo de Maceda máis egrexios que levaron o seu nome polo mundo adiante dende a Baixa Idade Media.
A presentación, en colaboración ca Consellería de Cultura do Concello de Maceda, terá lugar na Torre da Homenaxe do Castelo de Maceda o sábado 4 de abril ás 20 h e intervirán Xabier Oviedo (Alcalde de Maceda), Xavier Paz (Editor), Antonio Blanco Rodríguez (Delegado Provincial de Cultura), Ramón Caride (Escritor) Bieito Seara (Director Xeral de Acción Social) e Santiago Prol (Autor do Libro). |
|
|
|
NOBRES VENCELLADOS AO CASTELO DE MACEDA |
|
Por Santiago Prol
Chega as librerias un novo libro do escritor e investigador Santiago Prol publicado pola editorial ?Difusora de letras, artes e ideas?, máis de 250 páxinas nas que se recolle os nobres vencellados a Maceda e ao seu castelo na que o autor percorre, expón e nos achega a historia de Maceda dende as vivencias dos seus personaxes de máis nobreza. Como expón na contraportada do libro:
?Esta rigorosa achega abrangue aos nobres vencellados ao Castelo de Maceda máis egrexios que levaron o seu nome polo mundo adiante dende a Baixa Idade Media: María Fernández, a filla do conde de Traba. Afonso X o Sabio e o seu preceptor Garci Fernández. Pedro Iáñez de Nóvoa que fixo carreira política e militar dentro da Igrexa. Joâo da Nova, un galego universal, o máis relevante do século XVI. Xoán Iáñez de Nóvoa e o Panteón de Nóvoas Egrexios.
Outrosí o condado de Maceda (1654) que lle foi concedido a Alonso de Lanzós e Nóvoa. O III conde Joseph Benito de Lanzós e Nóvoa acadou a Grandeza de España de 1ª clase (1710). O seu primoxénito Antonio Pedro Nolasco chegou a gobernador de Madrid e vicerrei de Navarra. Unha condesa de Maceda está soterrada no que hogano conforma o Panteón de Galegos Ilustres. Baltasar Pardo de Figueroa, VIII conde de Maceda, finou na batalla de Medina de Rioseco (1808). Xoán Xosé caamaño Pardo, conde consorte de Maceda, foi un dos ilustrados de comezos do XIX en Galiza... A relevante nómina deste volume soborda o ámbito local. Unha aproximación necesaria que enche unha eiva da nosa memoria colectiva?. |
|
|
|
|
|