Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CHAVE DA PRISIÓN DE NAPOLEÓN EN SANTA HELENA
chave santa HelenaPagan case 100.000 euros pola chave do dormitorio no que morreu Napoleón Bonaparte na mansión Longwood House de Santa Helena, o 5 de maio de 1891.

A illa fora descuberta polo macedán João da Nova na exitosa III Rota á India (1501-1502), logo da de Vasco da Gama e da de Álvares Cabral. A casa de subastas británica Sotheby´s fixo un comunicado informando que a chave da habitación na que finou Napoleón, mentres estaba preso e custodiado polo exército británico na Ilha Santa Helena, foi mercada por 92.400 euros e que o prezo de saída da poxa era de só 5.000 euros.

A chave estaba en poder dunha familia escocesa. Un antepasado, o soldado Charles Richard Fox, era un dos encargados de custodiar a estancia do emperador francés na estratéxica illa atlántica, naquela altura xa en poder británico. Logo da morte de Napoleón o soldado levou a chave para regalarlla á súa nai, que vivía en Escocia e amosaba admiración por Napoleón.

A chave, que atoparon os seus descendentes por casualidade, mide 13,4 centímetros de longo e foi subastada en Londres o 14 de xaneiro de 2021 por unha cantidade de diñeiro inmensa.

N.B.- Reproducimos a chave e un fermoso vídeo sobre os exteriores da prisión, hogano convertida en museo á súa memoria en Longwood House
https://www.youtube.com/watch?v=UF-0TnN0yzw


Categoría: 02-Lugares - Publicado o 09-02-2021 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0