De www.pilotguides.com -a casa matricial de Globe Trekker-, recuperamos un vídeo abondo interesante de 51´23´´, incluído nos Grandes Documentais de TVE-2 que se emiten os venres pola tarde (logo do veterano concurso ?Saber y Ganar?). Titúlase ?Isolated Islands: Saint Helena? (tempada 17). Cando comezamos esta aventura oceánica na procura da biografía, heroicidades e descubertas do navegante da casa nobiliaria de Maceda (Ourense), recollido despois no pioneiro volume ?João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal? (Santiago Prol: 2002), non existía Youtube nin ferramentas similares de vulgarización.
Neste documental de Globe Trekker, o viaxeiro-presentador Zay Harding vai dende Cidade do Cabo (Sudáfrica) até Santa Helena -en cinco días de travesía e 3.100 quilómetros-. Naquela altura (outubro de 2011) aínda estaba a medio construír o polémico aeroporto (inaugurado en 2017). Esa atmosfera oceánica retrotráenos 515 anos, cando João da Nova descubriu a illa ao regreso do Mabalar indio cara Lisboa, con catro caravelas revolucionarias. O luxoso buque transatlántico RMS Saint Helena veu facendo a travesía cada tres semanas (50 tripulantes, 150 pasaxeiros e 1.800 toneladas de carga). Non hai porto nin espigón por mor do calado. Os buques teñen que ancorar perto da capital Jamestown e achegarse en barcos pequenos. Hogano viven en Santa Helena menos de 5.000 habitantes. A cuarta parte aséntase na capital -enlatada entre cantís-. No documental ollamos panorámicas da volcánica illa. Guía local en Jamestown. Referencia á descuberta polos lusos ao mando de João da Nova en 1502. Dominio inglés (1659). Escravitude. Post Office. Escaleira de Jacob con 699 chanzos. Taxi Chevy Charabanc de 1929. Recreación do exilio de Napoleón Bonaparte (1815-21). Briars Pavilion. High Knoll Fort. Longwood House. Napoleon´s Tomb. Tartaruga xigante duns 180 anos en Plantation House (a Casa do Gobernador). Obras en Saint Helena Airport [a 6 km de Jamestown]. Pista de 1.950 metros para avións de tamaño medio. Plantación de café arábica en Bamboo Hedge. Cumio da illa en Diana´s Peak (823m). Bretemosos bosques de árbores endémicos. Fentos xigantes. Golfiños perto de Lemon Valley. Regreso. ¡Quedemos emprazados para esta extraordinaria experiencia!
Ao abeiro da enigmática desaparición do submarino arxentino ARA San Juan, volve estar en primeira liña Ascensión; unha das illas descubertas polo navegante João da Nova, vencellado á casa nobiliaria de Maceda (Prol: 2002). Algúns medios están focalizando que na Illa Ascensión se atopa unha das máis importantes estacións hidroacústicas do planeta [e outros sofisticados aparellos sensoriais para o control de vestixios nucleares, cun protagonismo central a escala mundial]. Ascensión forma parte do sistema de vixilancia global que rastrea e detecta probas atómicas. Mesmo lle chaman ?o oído que todo o escoita?. A web da Armada de Arxentina , recolle como se decataron da anomalía. Con data do 24 de novembro de 2017, avanza que dúas organizacións dedicadas ao control de ensaios nucleares, informaron a ocorrencia dun sinal pouco usual, perto da última posición coñecida do malogrado submarino. Eis a nova:
?La Organización del Tratado de Prohibición Completa de Ensayos Nucleares [Comprehensive Nuclear-Test-Ban Treaty Organization / CTBTO], que posee estaciones hidroacústicas como parte del Sistema Internacional de Monitoreo, informó que: ?El 15 de noviembre (de 2017) dos estaciones de CTBTO detectaron una señal inusual cerca de la última posición conocida del submarino perdido ARA San Juan?. Esta organización internacional, que persigue el objetivo de la eliminación de los ensayos nucleares y que para ello los monitorea, difundió el lugar exacto en el que fue detectada una explosión cercana al último punto en que estaba localizada la posición del submarino. Según la información del secretario ejecutivo de la organización, Lassina Zerbo: ?Las estaciones hidroacústicas HA10 (Ascensión, una isla de origen volcánico ubicada en el océano Atlántico, a medio camino entre América y África) y HA04 (Crozet, un archipiélago al suroeste de Madagascar), detectaron la señal de un impulso subacuático que ocurrió a las 13:51 GMT el 15 de noviembre. La locación es vecina a la última posición conocida del ARA San Juan?. La Armada Argentina buscó confirmación a través de la CNBTO en Austria. El incidente hidroacústico registrado es anómalo, singular, corto y violento, consistente en una explosión?.
N.B.- Acompañamos esta achega cun vídeo de aproximación e aterraxe á volcánica Ascensión. Nel podese ollar a illa -descuberta por João da Nova- dende o aire e a extraordinaria pista, mesmo preparada para transbordadores da Estación Internacional: Eis o link: https://www.youtube.com/watch?v=36JQcycgksg
Categoría: 03-Illas - Publicado o 18-12-2017 00:42