Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS NAVEGANTES GALEGOS (1)
Exposicion Inventio MundiCo gallo da exposición ?Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII?, que se amosa no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra dende o 12 deste mes até o 14 de xaneiro de 2020, o actual presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, publica este domingo (24/11/2019), na súa columna de opinión do xornal La Voz de Galicia, un aqueloutrado texto titulado ?Navegantes galegos?, no que nomea a João da Nova [el chámalle Xoán de Nóvoa ou Xoán de Maceda]. Recollemos para a bitácora a columna na súa integridade, mesmo reiterando os nosos parabéns:
?Conta a tradición, e os libros de liñaxes da Idade Media, que os que se apelidan Mariño veñen todos dos amores dun príncipe das rías e dunha serea, e que os tales amores sucederon na illa de Sálvora, na boca da Arousa. Seica foron moi apaixonados, mais tamén ingratos, sobre todo por parte del, de tal xeito que a serea, antes de volver ao seu mundo submarino, anunciou que por cada xeración nova de descendentes cobraría un tributo, e que ese tributo sería o primoxénito. Por iso, segundo a lenda, o fillo maior de cada nova xeración de Mariños morre afogado. A serea chama por el. A serea dos Mariños campa nos escudos de pedra dos pazos e as casas grandes desta liñaxe nas Rías Baixas e na Galicia toda. Alí onde hai pegada ou memoria dos Mariño e, por extensión, dos navegantes galegos, aparece a serea. Mesmo no escudo de Galicia que no seu día deseñou Castelao e que inspirou despois o logotipo do Consello da Cultura Galega. Prometín na marea da semana pasada dar conta da excelente exposición que sobre navegantes galegos pode visitarse no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, organizada polo Consello e comisariada por un equipo dirixido pola historiadora Ofelia Rey Castelao. Excelente e didáctica. Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII: as primeiras carabelas (o gran invento para a navegación que facilitou a exploración costeira de catro continentes), as rutas da especiaría dende a cidade da Coruña no século XVI, Baiona como capital do mar e refuxio de expedicións non sempre regulares, figuras sobranceiras como Sarmiento de Gamboa, García Jofre de Loaisa, Sebastián do Campo, Bartolomeu e García de Nodal (que bautizaron un illote dos pasos austrais do continente americano co nome de Pontevedra), Álvaro de Mendaña e a súa muller, Isabel Barreto, que se fixo co mando da expedición cando o seu home faleceu de malaria nas illas Salomón e tivo que sufocar unha rebelión a bordo para continuar como capitá cara as Filipinas; os navegantes que fixeron a ruta de Magalhâes? Outra tradición di que Fernando de Magalhâes, que navegou primeiro cos portugueses, era natural da aldea de Magaláns, na ría de Pontevedra, senón el, polo menos a súa liñaxe. Igual que a estirpe de Colón, que tanto deu que falar nos derradeiros anos do XIX (1898) e nos primeiros do século XX, con forte pegada tamén na Boa Vila. Quen era o tal piloto Sarmiento que trouxo a Martín Pinzón ata Baiona?
E outrosí Xoán de Novoa, tamén chamado Xoán de Maceda (Ourense), explorador dos mares do Índico, que chegou a ser alcalde de Lisboa e disque era amigo ou correlixionario de Pedro Madruga. Moitas destas cousas son e outras non son, ou non están suficientemente documentadas, froito do imaxinario colectivo. Pero o imaxinario tamén existe, forma parte da construción histórica, ou da memoria que temos de nós?.
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 26-11-2019 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
A ILLA ASCENSIÓN EN ?ATLÁNTICO, LUME NO OCÉANO?
Documental Atlántico lume no OceanoDos créditos do extraordinario documental ?Atlántic, fire in the ocean? [?Atlántico, lume no océano?, TVE-2] recuperamos: ?A Dorsal Mesoatlántica é unha cordilleira submarina que se estende ao longo de 10.000 quilómetros no centro do Océano Atlántico. Neste documental cruzarase todo o Océano Atlántico de norte a sur, seguindo a pista desas montañas subacuáticas, mesmo deténdose nas súas minúsculas illas para ollar a fauna insular?. Repararemos ?maiormente- dende o minuto 6:00 até o minuto 20:17 [dos 51:40 minutos que dura o documental]. Nese intervalo detense unha das illas descubertas polo macedán João da Nova. Estamos a falar da estratéxica Illa Ascensión. Con fascinastes imaxes percorrerá ?esa paisaxe inhóspita pintada en roxos e marróns de cinza volcánica e tostada polo sol; un inferno cos lumes apagados?... Outrosí como destino final das tartarugas verdes, que fan unha longa viaxe dende o seu comedeiro nas costas do Brasil [2.000 quilómetros] até a illa -6 veces na súa vida- para poñer ovos fecundados nas súas praias [orientándose co sol, as estrelas e o campo magnético da Terra]. Tamén poderemos visualizar como nunha illa sen auga potábel na súa orixe, se pode artellar -en poucas décadas- un ecosistema cun bosque artificial con especies vexetais de todas clases e asentada na cima máis alta da illa, que xeran un microcosmos abondo osixenado e, por ende, cheo de vida... Hogano a Illa Ascensión é un refuxio libre de depredadores de aves mariñas ao erradicar os temíbeis gatos [e ratos] que a foran colonizando dende que chegaran os primeiros asentamentos humanos, logo da descuberta de João da Nova ao servizo da Coroa de Portugal (Prol, 2002). Eis o enlace a este interesante documento audiovisual vencellado cun persoeiro fascinante de Maceda pola súa descuberta a comezos do século XVI:


https://www.youtube.com/watch?v=q9q69hGHNVA

Video
Categoría: 03-Illas - Publicado o 18-11-2019 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0