Todo o referente o Navegante João da Nova |
|
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NA PARADISÍACA SRI LANKA E OS GALEGOS |
|
Por mor dos terríbeis atentados en Sri Lanka [a mítica Taprobana que os portugueses chamaban Ceilán] o Domingo de Resurrección deste 2019, no que morreron dous galegos afincados en Pontecesures [?El traballaba na India e estaban de vacacións en Sri Lanka cando unha bomba no seu hotel de Colombo segou as súas vidas?. Voz de Galicia, 232/IV/2019], queremos lembrar que esa fermosa illa en forma de bágoa -acaroada á India- fora descuberta polo galego João da Nova no outono de 1501, na Terceira Viaxe á India organizada polo reino de Portugal e que ía comandada polo nauta galego vencellado á casa nobiliaria de Maceda. No noso pioneiro referencial volume ?João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal? (Prol:2002, pp.135-147), imprentamos argumentos [e documentación] abondo solventes que amosan a presenza de João da Nova naquela altura en terras de Sri Lanka, na procura da cotizadísima canela que se cultivaba [e cultiva] naquelas vizosas terras orientais. Interesaba tamén aquela descuberta, non só pola súa importancia económica, senón que tamén pola estratéxica e simbólica naquela carreira de dominio cos castellanos. En Colombo [a capital de Sri Lanka á que antigamente chamaban Kolon Tota] consérvase un padrão cunha inscrición lusa e coas armas reais portuguesas. Actualmente está ubicado no parque Gordon Gardens. É a proba máis contundente da presenza de João da Nova alí na súa exitosa viaxe de descubertas, relacións diplomáticas [e bélicas] e de experimentación de novos navíos que comezaban a facer a Carreira á India. Que lle sexa leve a terra a esta parella de galegos [María e Alberto] afincados en Pontecesures, que tivo a mala fortuna de estar en Colombo, xusto cando a irracionalidade máis xélida tomou asento o domingo pasado. Beizón. [N.B.- A imaxe que acompañamos, apareceu no noso libro ?João da Nova, un mariño galego ao servicio da coroa de Portugal? (Prol:2002), e que denantes imprentara o cronista Gaspar Correia no imprencindébel volume ?Lendas da India? a mediados do século XVI].
|
|
|
|
|
|