Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

JOÃO DA NOVA, O MARIÑO GALEGO AO SERVICIO DE PORTUGAL
Descubriu as illas de Ascensión e Santa Helena
Maceda reivindicou este verán, cunha exposición, que estará aberta ata o 11 de setembro no castelo, a figura do navegante galego João da Nova descubridor de varias illas atlánticas e figura pouco recoñecida en Portugal pero ignorada na Galicia onde ven dándoa a coñecer o investigador Santiago Prol.

Neste ano 2002 cúmprense cincocentos anos da denominada III Expedición portuguesa á India. A inicial é a de Vasco de Gama, o primeiro navegante occidental en abrir unha rota que pasaba cara Asia polo Cabo de Boa Esperanza.

A segunda foi dirixida por Álvares Cabral, e foi a do achado oficial do Brasil, pola coroa portuguesa. A terceira, con menos foguetería histórica, foi a que encabezou João da Nova, que descubriu as illas de Santa Helena e Ascensión, no Atlántico Austral, outro illote máis cativo na canle de Mozambique e finalmente deu coa mñitica Taprobana, despois denominada Ceilán e hoxe Sri-Lanka. Estes achados tiveron menos transcendencia por que a monarquía lusa levaba adiante a que denominaba política do sixilo e tamén polo ?menosprezo manifesto de case toda a historiagrafía lusa que o ninguneou a mantenta ou versionou con certa lenda negra para que Afonso de Albuquerque ?que ata hai ben pouco tivo moi boa prensa en Portugal- saíse indemne dos seus excesos en Oriente?, segundo interpreta Santiago Prol no seu libro publicado en xuño pasado pola Deputación de Ourense, João da Nova. Un mariño galego ao servicio da coroa de Portugal.

Á volta daquela expedición, en 1502, João da Nova foi recibido como heroe nacional e considerado home de máxima confianza, pero a condición de estranxeiro xogou na súa contra, dentro das propias intrigas do estado portugués e houbo quen á altura de 1507 quixo apresentalo como ?felón e desestabilizador?.

O navegante tiña nacido en Maceda entre o 1450 e 1460 sen que se poda precisar a data, e o seu apelido está vencellado coa casa dos Novoa de Maceda, señores feudais que abranxían territorios estratéxicos do bispado de Ourense. As convulsións de finais de século XV lévano a Lisboa, onde aproveitando a permeabilidade entre as nobrezas galega e lusitana fan aparecer en 1490 ao noso mariño como membro da garda persoa de João II, nunha época na que Lisboa era un imenso mercado internacional de redistribución de produtos europeos e africanos e axiña tamén asiáticos e americanos, unha cidade na que asentaban daquela 90.000 persoas incluídos 9.000 escravos.

Santiago Prol desentraña no seu traballo a traxecoria do mariño ourensán, e sobretodo o éxito da súa misión náutica de exploración, moitas veces incógnita por intereses políticos, de espionaxe ou xeoestratexia do imperio portugués. O certo é que a III Expedición que comandou Da Nova, cun grupo de catro caravelas, saiu indemne de toda a enorme travesía e voltou con especiaría e cos novos achados dos que deu conta ao rei Don Manuel.


Coñecedor singular do Océano Índico, João da Nova, pasaba por ser un dos diplomáticos que mellor comprendeu e se adaptou ao trato con aquelas civilizacións, e os datos permiten asegurar que, sendo unha época na que en nome da relixión se premitía case todo, apenas se poden documentar feitos reprobábeis na súa traxectoria.

A morte do mariñeiro macedano produciuse en Cochim (porto da India), non se sabe con certeza se en 1509 ou 1510. As condicións do seu final, dinos Santiago Prol ?semellan pouco dignas para o que representaba como cabaleiro da Casa Real?. O que é certo é que neste ano cúmprense os 500 anos dos seus descubirmentos atlánticos e por sorte non se deixou pasar a ocasión dunha primeira aproximación á súa atractiva biografía.

Xan Carballa ? A Nosa Terra ? Nº 1.046 do 5 ao 11 de setembro de 2002.
A Nosa Terra Dixital
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 29-01-2008 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
LA EXPEDICIÓN DE JUAN DA NOVA INICIA HOY EL RECORRIDO DE UNAS 3.000 MILLAS
El proyecto prentende recuperar las rutas que siguieron los navegantes portugueses.
?Traer a la memoría los navegantes gallegos?. Ramón M. Lorenzo Martínez, director del Centro Nacional de Información Geográfica, definía así uno de los principales objetivos de la expedición denominada Juan da Nova y que inicia hoy su recorrido en la ciudad portuguesa de Oporto. Dicho organismo es uno de los colaboradores de este proyecto que pretende ?reparar injusticias históricas?, en palabras del principal promotor de la idea, el economista coruñés José Manuel Iglesias.

El nombre de este proyecto Juan da Nova, corresponde a uno de los más destacados marinos gallegos del siglo XV, que descubrió varias islas, tanto en el Atlántico como en el Índico e incluso alguna de ellas lleva su nombre. Los componentes de la expedición y sus patrocinadores explicaron ayer en La Coruña algunos detalles de la iniciativa. Según indicaron, desde Oporto tienen previsto volar a Cabo Verde para regresar desde allí a España siguiendo la ruta conocida como de los portugueses.

La navegación, capitaneada por José Manuel Iglesias, prevé un recorrido de más de 3.000 millas náuticas por la misma ruta que los marinos portugueses realizaban en el siglo XV para subir desde Africa hasta la Península Ibérica al aprovechar la fuerza de los vientos contralisios. ?Dependemos mucho de los vientos para saber el lugar donde vamos a llegar?, dijo Iglesias, que ya protagonizó otras inciativas similares. Gloriana, un velero propiedad del alemán Alexander Reinsch y valorado en 56 millones de pesetas, será el barco en el que naveguen.
Iglesias destacó la importancia de poder contar con la cesión de este barco cuyo dueño ?está entusiasmado con este proyecto?, aseguró.

La Voz de Galicia, 11 de febrero de 1998
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 29-01-2008 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
CASTELO DE SÃO JORGE. RESIDENCIA DE JOÃO DA NOVA EN LISBOA
Castelo de San Jorge - Lisboa
Con esa tesitura asentouse João da Nova en Lisboa polo 1480, cando empardecía o reinado de Afonso V (1438-81). Dez anos despois, xa no de João II (1481-95), aparece documentalmente o mariño galego como membro da súa garda persoal. Na década dos oitenta tiña participado activamente nas expedicións militares, comerciais e de exploración polo Atlántico nas armadas portuguesas, consonte Damião de Góis que fora tesoureiro da feitoría de Flandres. En 1566 escribía este reputado humanista en Crónica do Felicíssimo Rei D. Manuel de Gloriosa Memória, que o nauta galego ?tiña feito moitos servizos ao Reino en África?. Os navíos portugueses circulaban regularmente polas augas atlánticas na procura de ouro, marfil, escravos e malagueta [un aromatizante parecido á pementa]. Había que perfeccionar as embarcacións e as técnicas de orientación para gañar terreo cara o sul.

En 1495 morreu João II. Este monarca gobernou o país con pulso de ferro. Artellou un proxecto de expansión moi estructurado, complexo e ambicioso. Uns chamábanlle Principe Perfeito e outros Tirano, xa que logo fixera unha sanguenta depuración. Ao marqués de Montemor [irmán do duque de Brangança] acusouno de conspiración. Foi xulgado e decapitado na Praza Maior de Évora. Acoitelou persoalmente ao duque de Viseu [irmán da raíña e do seu sucesor]. Executou a destacados membros da alta nobreza, outros fuxiron de Portugal. O bispo de Évora foi envelenado na cadea. Ao magnate xudeu Isaac Abravanel acusouno de financiar a conxura. Condeado a morte, logrou escapar in extremis grazas aos seus influíntes contactos. Tamén o cardeal Jorge da Costa saíu espavorecido cara Roma e non regresou a Portugal.

Estaba a consolidarse o centralismo rexio e o fanatismo relixioso [reconquista de Xerusalén, expulsión dos xudeus]. Logo dalgúns atrancos pola sucesión, subíu ao poder o irmán da raíña Manuel I, de vinte e seis anos. Con este soberano -alcumado con menosprezo e certa envexa en Europa como o rei da pementa- pasaría o nauta galego á primeira liña da vida pública portuguesa, grazas ao seu amigo Tristão da Cunha, o favorito da Corte e financeiro relevante que levaba as contas do monarca [hogano homologado cun ministro de Facenda]. Deste xeito en 1496 xa atopamos documentalmente a João da Nova exercendo como alcaide de Lisboa e cabaleiro da casa do Rei, dentro do círculo nobiliario máis próximo á coroa. Dende aquel relevante posto controlaba información privilexiada sobre as actividades económicas, políticas, administrativas e militares do emerxente Estado portugués.

Adianto editorial "Nobres Vencellados ao Castello de Maceda? por Santiago Prol., Fragmento do capítulo "João da Nova, o descubridor do século XVI"
Blog sobre Portugal >>>
Castelo Sao Jorge
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 27-01-2008 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
MOSSEL BAY [SUDÁFRICA].

O mariño galego sondou intencionadamente na incursión de 1501, parte do litoral oriental africano descoñecido nas cartas náuticas europeas. En Mossel Bay (Sudáfrica) João da Nova mandou construír unha pequena capela de pedra á beira da baía que se convertíu na primeira igrexa cristiá do que hogano conforma Sudáfrica. As armadas con destino á India enchían os toneis dos navíos coas augas do seu manancial. Empregaron como buzón improvisado o tronco dun enorme algodoneiro, coñecido como Post Office Tree, onde depositaban cartas e documentos para que os recollesen as tripulacións futuras. Está recreado no Bartolomeu Dias Museum de Mossel Bay. O enorme algodoneiro foi declarado monumento nacional. Ao seu carón ergueuse unha enorme bota buzón [boot-shapped letter box].

Este museo artellou diferentes eventos en 2001 para sinalar o cincocentos aniversario da pasaxe do navegante João da Nova polo Cabo das Tormentas, de camiño cara a India (www.diasmuseum.co.za).

Adianto editorial "Nobres Vencellados ao Castello de Maceda? por Santiago Prol., Fragmento do capítulo "João da Nova, o descubridor do século XVI"
Bartolomeu Dias Museum
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 27-01-2008 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
"TRATO DE RECUPERAR A UN PERSOAXE GALEGO HISTÓRICO"
Santiago ProlO noble de Maceda foi o navegante ó servicio da Coroa portuguesa que deu con Ceylán e descubriu as illas atlánticas de Ascensión e Santa Helena
A pasión pola investigación naceu en Santiago Prol cando foi conscente de que a súa vila natal, Maceda (Ourense), non só foi un florecente condado, senón cuna de relevantes homes ó longo da historia. Un deses personaxes é Joao da Nova, un noble que trala revolta dos Irmandiños tomou camiño cara Portugal donde, logo de facerse un oco entre a nobleza, chegou a ser un mariño ó servicio da Coroa que descubriu as illas atlánticas de Ascensión e Santa Helena, hoxe inglesas, e a mítica Ceylán.
-¿É recoñecido como merece en Portugal?
-Non. A historiografía do país veciño ninguneouno, penso que por un certo sentimento xenófobo e porque houbo interés en ocultalo e en dar versión equívocas del e das súas xestas para favorecer a Afonso de Alburquerque, un navegante ó que os cronistas da época favoreceron ata ocultar os seus excesos sanguentos.
-¿A biografía recuperará a figura deste galego?
-É o que pretendo, porque foi o personaxe máis relevante da historia de Galicia do século XVI. E reivindico a súa inclusión nos libros de historia e textos de ensino medio. Pero non é unha biografía acabada, porque despois de publicarme o libro a Deputación de Ourense soupen que tamén descubriu a illa Trinidade, frente a costa do Brasil.
-¿Por que decidiu investigar sobre el?
-Decateime de que se cumprían 500 anos das súas descubertas, e deixei o traballo que estaba a punto de rematar sobre García Mosquera, un dos precursores galegos, tamén de Maceda.
-¿Foi doado investigar?
-A información está dispersa. En catro anos manexei 170 libros e contrastei datos de 17 webs.

La Voz de Galicia - 23 de diciembre del 2002
A Nova Orixinal no xornal >>>
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 27-01-2008 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
JUAN DE NOVA ISLAND (ILHA JOÃO DA NOVA)
Ilha Joao da Nova visto por Satelite
João da Nova descubríu outra illa que leva o seu nome [oficialmente un híbrido entre castelán, portugués e inglés]. Pertence ao Departamento de Ultramar de Francia dende 1897 e depende administrativamente de Reunión. Juan de Nova Island [9,6 km2] está xeralizado que foi achada polo nauta galego na viaxe de 1501. Así o recolle o Códice Add. 20902 da British Library e as actuais autoridades administrativas da illa. Agora ben, o historiador Damião Peres en Historia dos Descobrimentos Portugueses (1992) relaciona esta descuberta coa frustrada viaxe de regreso que João da Nova facía cara Lisboa en 1506 co buque insignia da mariña portuguesa, a nao Frol de la Mar.

As fortes correntes mariñas do Canal de Mozambique fan moi perigosa a travesía ao seu carón. Está arrodeada de arrecifes de coral. Madagascar reclama, dende hai catro décadas, a illa como parte natural do seu territorio. Até 1970 explotouse o guano [excrementos de aves mariñas que se utilizan como fertilizantes] e fosfatos.

Na Segunda Guerra Mundial (1939-1945) tocaron aquela illa os submarinos alemáns. Hoxe está ocupada por un destacamento militar dos franceses e por metereólogos. Dispón dun aeródromo que forma parte da infraestructura militar dos galos naquela conflitiva zona do Índico por mor dos caladeiros de pesca que disputan varios países e nos que se teñen enleado armadores e pesqueiros galegos nos últimos tempos.

Adianto editorial "Nobres Vencellados ao Castello de Maceda? por Santiago Prol., Fragmento do capítulo "João da Nova, o descubridor do século XVI"
Categoría: 03-Illas - Publicado o 24-01-2008 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
AGALEGA ISLANDS.
Hogano existen varios traballos e mesmo webs que vencellan Agalega Islands con João da Nova e a III Expedición á India. Cartograficamente aparecen co nome A Galega en 1650 [Nova Totius Terrarum Geographica ac Hydrographica Tábula]. Son dúas illas [separadas por un banco de area] ubicadas no Oceano Índico que pertencen administrativamente a Mauricio. Teñen 70 km2 e uns 300 habitantes de fala crioula e relixión católica. Colonizadas polos holandeses no século XVII, ocupounas Francia a comezos do século XVIII e pasaron a control británico en 1810, nas Guerras Napoleónicas. O sistema de explotación das illas lévao a Sociedade Estatal da República de Mauricio [Illas Anexas]. Ultimamente a India ten amosado interese por adquirilas, coa plausíbel ampliación do aeroporto como base militar nunha zona estratéxica do Índico. Na Illa Norte áchase a capital Vingt Cinq, a vila de La Fourche e o aeródromo. Na Illa do Sul aséntase a vila Sainte Rite. As principais explotacións son a copra e o aceite de coco. O máis curioso das illas é a lagartixa agalega (Phelsuma borbónica agaleae).

Na web oficial da República de Mauricio (www.gov.mu), dentro do apartado ?Ministry of Rodrigues and outer Islands?, colgaron: ?A school of thought now accepts that the islands Agalega were discovered and baptised in 1501 by Juan da Nova, who was a Galician in the employ of the Portuguese and who was nicknamed ?Jean Gallego? by his sailors. An extract from Les Nouvelles Annales de Voyage (tome 38, page 88) reads: L´Ile Galega, avec l´article A´Galega (La Galicienne), porte ce nom parce qu´elle fut decouverte en 1501 par Juan de Nova, galicien, au service du Portugal, qui commandait une flotte destinee pour les Indes. En revenant en Europe, ce meme navigateur decouvrit les iles de l´Ascensión et Sainte Helene.? Nesa liña amósase o historiador A. Vázquez-Monxardín en O mariñeiro ourensán Joan de Novoa. Alcaide de Lisboa deu o seu nome e o de Agalega a illas do Índico, no núm. 27 de Auria (1999). Aínda que a rota na Carreira da India se facía habitualmente -na primeira década do século XVI- polo perigoso canal de Mozambique, é factíbel que João da Nova, que levaba navíos especiais e a misión de descubrir novas terras, puidese tocar estas illas pola banda oriental de São Lourenço [Madagascar]. O escritor Xurxo Souto, no xornal La Opinión, o 29 de maio de 2005, na incursión A expedición de Agalega, evoca: ?O contorno é cuspidiño á silueta das illas Cíes. Non puido reparar en tal coincidencia, hai cinco séculos, o noso navegador João da Nova? Agora compre que unha expedición desta ribeira se achegue ao Índico disposta a tecer novas amizades para que, algún día, na vila Santa Rita de Agalega, poida campar tamén, no letreiro dunha rúa, o nome do grande navegador João da Nova de Maceda?.

Adianto editorial "Nobres Vencellados ao Castello de Maceda? por Santiago Prol., Fragmento do capítulo "João da Nova, o descubridor do século XVI"
Categoría: 03-Illas - Publicado o 21-01-2008 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
ILHA DA TAPROBANA, ACTUAL SRI LANKA
João da Nova aínda atopou un territorio máis relevante, que non transcendeu ao longo dos séculos, por mor do que se deu en chamar a política do sigilo e polo menosprezo manifesto de non poucos historiadores. A Ilha da Taprobana, actual Sri Lanka [66.000 km2], até hai pouco Ceilán, foi tocada no 1501 polo mariño galego. En Colombo -a capital do país- atópase un padrão pouco convencional co escudo de Portugal toscamente esculpido e coa data 1501 ao seu carón, o vestixio máis antigo da presenza lusa -e galega- en Asia. Ende ben, a única expedición portuguesa en Oriente naquel intre era a que comandaba João da Nova. O rei Manuel I recibira informacións de Taprobana dende a primeira viaxe. Naquel intre desexaba que a illa fose ?o principal asento do Estado portugués na India?. Sabía que a canela estaba a metade do prezo que en Calecute. Ademais era un punto clave no control do golfo de Bengala e da vizosa área de Malaca. A importancia económica, estratéxica e simbólica de Ceilán
fixo que o nauta galego a procurase en 1501, aínda que a descuberta non se oficializou até un lustro despois, polo silencio oficial da coroa -coa conivencia do mariño galego- e porque xurdiron serios problemas no Malabar indio que absorveron toda a táctica política, militar e comercial dos lusos dende 1501 a 1506. N´Os Lusíadas (1572) xa se amentaba ao comezo do Canto I:

As armas e os Barões assinalados
Que, da Ocidental praia Lusitana,
Por mares nunca de antes navegados
Passaram aínda além da Taprobana,
En perigos e guerras esforçados,
Mais do que prometía a força humana,
E entre gente remota edificaram
Novo reino, que tanto sublimaram.

Esta illa en forma de bágoa ten hoxe 19 millóns de habitantes. Dende hai varias décadas soporta un conflicto armado cos Tigres de Liberación da Patria Tamil, unha minoría orixinaria da India, fiel ao hinduísmo, que reclama certos territorios de Ceilán. A maioría da poboación profesa o budismo. No templo de Dalada Maligava (Kandy) gárdase unha das reliquias máis famosas desta relixión: un venerado dente de Buda que chegou á cidade agachado nun cabelo dunha princesa e que sobrevivíu a un intento de destrucción de integristas católicos portugueses a mediados do século XVI. En Ceilán estivo o poeta chileno Pablo Neruda como cónsul a finais dos anos vinte do século pasado. O economista Leonard Woolf [o home da escritora Virginia Woolf] quedou fascinado pola vexetación da illa. Alí servíu á Administración británica en 1904. Camões (1572), no Canto V da súa epopeia, consagra unha estrofa con referencias á canela [?cortiça cálida, cheirosa?] e a Colombo [?Columbo?], a capital de Sri
Lanka:

A nobre ilha também de Taprobana,
Já pelo nome antigo tão famosa
Quanto agora soberba e soberana
Pela cortiça cálida, cheirosa,
Dela dará tributo à Lusitana
Bandeira, quando, excelsa e gloriosa,
Vencendo se erguerá na torre erguida,
Em Columbo, dos próprios tão temida.

Adianto editorial "Nobres Vencellados ao Castello de Maceda? por Santiago Prol., Fragmento do capítulo "João da Nova, o descubridor do século XVI"
Categoría: 03-Illas - Publicado o 21-01-2008 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
"A Nosa Terra" nº 1035

"O 21 de maio hai festa de descobremento en Sta. Helena. Festa grande nista illa de posesión británica. Fora descoberto este paradisíaco enclave oceánico por João da Nova á volta da sua primeira viaxe á India, 1502.

João da Nova é un dos exemplos da perda de memória de nós os galegos, sendo un dos 4 máis importantes navegantes das "descobertas" lusas do XV-XVI: Vasco da Gama, Cabral, João da Nova e Ameida.

Dirixiu a III expedición descobridora no 1501. Os froitos foron considerabeis. Navega costeando África: nos dias 13-15 de maio, 1501, descobre a Illa de Ascensión. Dobra o cabo de Boa Esperanza e arriba á "João de Nova Island" no noroeste de Madagascar. Tivo o honor de fixar un "padrão" como primeiro europeu na illa de Ceilán. Recorreu a Malabar, cargou gaños en abundáncia e voltou a Lisboa e nesa volta descubriu Sta. Helena.

Participou nunha 2ª viaxe e permaneceu na India. Foi decisiva a súa acción na batalla de Diu, 1509, que deu a Portugal unha efémera hexemonia no Índico. Faleceu na India, 1509 ou 1510.

Datos estes que non constan nin nas histórias hispanas, nin sequera nas de Galiza. Pero máis: Xoán de Novoa era da família dos Novoa de Maceda (Ourense); un dos numerosos nobres que abandonaron Galiza ante a conquista dos Reis Católicos. No 1480 está xa camiño de Lisboa como João de Nova. É alcaide da fortaleza; xoga un papel político co "Prícipe perfecto" João II, e con Don Manuel.

Focar o momento histórico da invasión dos Reis Católicos, da fuxida de nobres a Portugal uns, outros á conquista de Granada, é resgatar un capítulo necesário para comprender o pasado aínda presente na devaluación de tantos aspectos da Galiza. Un historiador novo, experto, compenetrado coa memória do País e da súa vila natal, Santiago Prol, elaborou unha bibliografia de Xoán de Novoa: Fascinio das navegacións, surpresa do descoñecido, ilusión dos protagonistas, deseños de naus e caravelas, unha novidade historiográfica a sair do prelo en seguida."

Artigo de Francisco Carballo publicado no xornal "A Nosa Terra" nº 1035.
A Nosa Terra
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 20-01-2008 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
João da Nova (Xoán de Novoa)
"A semana pasada, distintos meios de comunicación (A Nosa Terra e La Voz de Galicia) anunciaron a saida, de contado, do libro de Santiago Prol. Trata sobre a bibliografia do navegante "galaico-portugués" João da Nova (Xoán de Novoa).

O libro vai ser editado pola Deputación de Ourense.

"Focar o momento histórico da invasión dos Reis Católicos, da fuxida de nobres a Portugal uns, outros á conquista de Granada, é resgatar un capítulo necesário para comprender o pasado aínda presente na devaluación de tantos aspectos da Galiza. Un historiador novo, experto, compenetrado coa memória do País e da súa vila natal, Santiago Prol, elaborou unha bibliografia de Xoán de Novoa: Fascinio das navegacións, surpresa do descoñecido, ilusión dos protagonistas, deseños de naus e caravelas, unha novidade historiográfica a sair do prelo en seguida."

Xenealoxia.com
Xenealoxia.org
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 20-01-2008 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0