Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ILHA DA TRINDADE EN 4 EPISODIOS
Mapa Ilha TrinidadeXa temos comentado que a Ilha da Trindade fora descuberta por João da Nova na altura de 1501. O nauta galego (orixinario da casa nobiliaria de Maceda), cando capitaneou a III Expedición á India, logo da de Vasco da Gama e da de Cabral (que aínda non regresara), sabía que debería facer unha aproximación ás costas brasileiras para encarar con garantías o Cabo das Tormentas (Boa Esperanza), xa que logo os ventos alisios, que sopran de sul cara norte e as correntes marítimas do Atlántico Austral, non lle permitirían abordalo linealmente. Foi así como o nauta galego descubriu a Ilha da Trindade e avistou os illotes de Martín Vaz. João da Nova puxéralle a esta illa volcánica o nome de Asunção. Ao ano seguinte, na IV Expedición á India, Estevão da Gama -ignorando que fora atopada por João da Nova que aínda non regresara a Portugal cando Gama partira do Restelo lisboeta- rebautizouna co nome co que a coñecemos hoxe. No Brasil focalizan sempre a súa descuberta en João da Nova.

Atopamos en youtube un documental (en 4 achegas) abondo interesante que debe formar parte desta bitácora e no que nomean ao nauta galego (aínda que o narrador di que era portugués) xa ao comezo do primeiro episodio. Pegamos o texto -en portugués do Brasil- que Emerson Cabral inseriu cando o publicou na arañeira: “Esta série especial em quatro reportagens apresenta a ilha da Trindade. Um pedaço do Brasil pouco conhecido, no meio do oceano Atlântico. Com o apoio da Marinha do Brasil nossa equipe teve o privilégio de participar de duas expedições à Trindade. Em dezembro de 2016 e abril de 2017. Esta foi a reportagem exibida em 08/08/2017 no Jornal Capixaba. Produção, reportagem e edição de texto de Emerson Cabral. Imagens de Renan Rauta, Vitor Barbosa e Thiago Machado. Arte de Alexandre Borges. Edição de imagens: R2 Filmes. Foto de capa: Vitor Barbosa”. Eis os links aos 4 episodios:

Episodio 1
Episodio 2
Episodio 3
Episodio 4
Categoría: 03-Illas - Publicado o 19-06-2018 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
A ROTA DAS ESPECIAS: PEMENTA E CANELA
Sri Lanka 1482Imos achegar á bitácora novos documentais [ferramentas que na altura de 2002 -cando publicamos o libro sobre o mariño galego- non tiñamos coa profusión e profundidade de hogano. Tampouco existía Youtube, que naceu en febreiro de 2005 e revolucionou o mundo audiovisual]. Desta volta sobre o contexto no que se moveu João da Nova (Maceda, ca.1460 – Cochim, 1509) na xeira das descubertas portuguesas en Oriente.

As especias forxaron o mundo moderno co mercantilismo como eixo central, con viaxes interminábeis -circunnavegando África- dende Lisboa até as costas occidentais do Sur da India. O filme, presentado por Kate Humble, titúlase “The spice trail: pepper and cinnamon”. Emitido por TVE-2 e publicado en Youtube pola Asociación Cultural Iberoasiática IBERSIAN S. A., dura 57´47´´. Mergúllase na rota dos primeiros buscadores europeos de especias [o ouro negro dos séculos XV e XVI]. Creáronse e destruíronse imperios. Fortunas e moitas vidas estragadas. Un dos períodos máis apaixonantes da Historia de Occidente (e de Oriente). Xustificábase case todo en nome das especias [mesmo coa conivencia papal]. Este documental procura un achegamento a Cochim, o centro neurálxico do comercio das especias [pementa e xenxibre] no Malabar indio [actual estado de Kerala]. Mergúllase no microcosmos das plantacións, recollida, elaboración e comercialización da pementa negra [planta rubideira] que se daba moi ben naquelas terras. Os intres claves que focalizan aos pioneiros portugueses [Vasco da Gama, Álvares Cabral, João da Nova...] podemos ollalos dende o minuto 11´30´´ en adiante.

Logo viaxa até a Illa da Canela, a mítica Taprobana, antano Ceilán e hogano Sri Lanka. Lembremos que João da Nova tocou esa illa en 1502, aínda que non se oficializou a súa “descuberta para os occidentais” até 1506. A incursión comeza no minuto 34´17´´. A canela aportaba un sabor exótico moi apreciado pola elite europea do século XVI. O seu proceso de elaboración -sempre manual- esixe moito esforzo e profesionalidade. Os portugueses tamén foran a Oriente para “salvar almas”. Apenas puideron “meterlle o dente” ao budismo dominante [e ao dente de Buda]. Eis este fascinante documental, que nos traslada ao Kerala indio, ao que se achegou o mariño ourensán, cando comezaba o século XVI, mesmo sentando as bases dunha nova realidade política, económica e social a escala mundial.

A Rota das Especies
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 20-05-2018 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
A BATALLA DE DÍU, UNHA VINGANZA PERSOAL
Nao Frol de la MarRecuperamos do xornal Expresso [14/02/2009], un clarificador traballo de Margarida Magalhães Ramalho, titulado “A Batalha de Diu, uma vingança pessoal”, que vai la liña do que nós publicamos en “João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal” (Prol, 2002) e en “ João da Nova, o galego máis relevante do século XVI”, capítulo central do volume “Nobres vencellados ao Castelo de Maceda” (Prol, 2009), no que puñamos ao día as pescudas sobre este macedán universal e que retomaremos en chegando [engadímoslle desta volta un vídeo de 2’ 17’’ moi clarificador]. A Batalla Naval de Díu -comandada pola Nao Frol de la Mar baixo a dirección do nauta macedán co vicerrei Almeida dentro da mesma- foi transcendental para que o imperio otomano deixase de ser hexemónico nas augas do Índico naquela altura. Un país pequeno, con pouco máis dun millón de habitantes a comezos do século XVI, pero cunha das mellores mariñas do mundo coñecido, prantoulle cara aos otomanos e logrou vencelos -cunha flota moderna- nunha histórica batalla que supuxo un fito e un novo rumbo xeoestratéxico entre Oriente e Occidente. Eis o clarificador traballo de Margarida Magalhãses Ramalho:

“Apesar de já estar substituído como vice-rei da Índia, D. Francisco de Almeida consegue ludibriar o novo representante do rei D. Manuel, Afonso de Albuquerque, e parte para Diu onde inflige uma derrota histórica aos Rumes, apenas para vingar a morte do filho, morto meses antes em Chaúl. Para o comandante Saturnino Monteiro, (antigo professor da escola naval, autor da obra em oito volumes "Batalhas e Combates da Marinha Portuguesa" e um dos militares portugueses que participou na recuperação de Timor, em 1945, depois da saída dos japoneses) a Batalha de Diu, que se travou há 500 anos, a 3 de Fevereiro de 1509, foi "a mais importante de toda a História da Marinha Portuguesa e uma das mais importantes da História Naval Universal". Para este investigador e sob o ponto de vista estratégico esta batalha de aniquilamento "só encontra paralelo em Lepanto (1571), Aboukir (1798), Trafalgar (1805) ou Tsuchima (1905)" já que com esta vitória Portugal assegurava por quase um século, o domínio absoluto do oceano Índico.

Numa palestra realizada no dia 14 no Museu de Marinha [Lisboa], no âmbito das habituais "Conversas Informais", que aí se realizam aos segundos sábados de cada mês, Saturnino Monteiro explicou, não só os antecedentes desta empresa naval como, também, todo o desenrolar dos acontecimentos que levaram à estrondosa vitória da armada lusa. A chegada dos portugueses ao Índico não foi pacífica já que para a maioria dos Rumes (nome geralmente dado a todos os habitantes muçulmanos desta região e que abrange árabes, mamelucos, turcos e indianos), e para os venezianos esta presença representava uma forte concorrência comercial. Nesse contexto, Veneza irá apoiar com dinheiro e conhecimentos técnicos a construção de uma armada, construída em moldes europeus, capaz de fazer frente ao poderio naval português que será comandada por Mir-Hocem. Mesmo assim, Portugal beneficiava de vários factores, nomeadamente o facto de ter canhões de bronze, navios mais resistentes, uma infantaria bem preparada e couraçada e o inestimável apoio do rei de Cochim. O estabelecimento do comércio português nesta região foi, por isso, feito pela força.

Como antecedentes directos da batalha de Diu esteve, porém, um problema pessoal. Em Março de 1508, a frota de D. Lourenço de Almeida, filho do vice-rei, é atacada em Chaúl, pela armada de Mir-Hocem, beneficiando, também, de algum apoio de Meliqueaz, senhor de Diu, tendo D. Lourenço morrido durante a retirada portuguesa. Ambas as armadas ficaram muito danificadas, regressando a muçulmana a Diu e a portuguesa a Cochim. Com uma poderosa armada, reforçada entretanto com mais naus que tinham chegado, por acaso de Lisboa, o vice-rei cessante dirige-se para Diu para vingar a morte do filho. A armada de Mir-Hoceim encontrava-se em formação, lado a lado, dentro do estreito canal de Diu, cuja entrada era guardada por dois fortes. Um pouco afastados, os fustes (embarcações ligeiras) de Diu estavam prontos a envolver a retaguarda da armada portuguesa. Provavelmente por indicação de João da Nova, homem experiente em confrontos navais que acompanhava a expedição, os navios portugueses entraram no canal em coluna, tendo ficado a nau Frol de La Mar e outras embarcações a bloquear a saída dos fustes. Apesar de os portugueses terem começado por usar a artilharia, rapidamente passaram à abordagem e ao combate corpo a corpo. Pelas cinco da tarde, a batalha estava ganha e os portugueses retiraram-se para o mar alto. Apesar de, anteriormente, os presos portugueses de Chaúl terem sido bem tratados e entregues, a sede de vingança de D. Francisco de Almeida levou-o a matar de forma cruel todos os combatentes inimigos que nesse dia caíram nas mãos dos portugueses”.

Acceso o video
Categoría: 04- Nao Frol de la Mar - Publicado o 06-03-2018 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
O GLORIANA FAI A ROTA EN MEMORIA DE JOÃO DA NOVA
Santiago ProlCon este título, na sección da Hemeroteca do xornal La Voz de Galicia en Ourense [22/02/2018], lembran o comezo da viaxe do veleiro Gloriana, hai xusto agora 20 anos, e que procuraba “a rota dos portugueses”. Naquela altura nós estabamos investigando a fondo ao mariño da casa nobiliaria de Maceda, que callaría no pioneiro, sólido e referente volume “João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal” (Santiago Prol, 2002), que tivo a ben publicarnos a Deputación Provincial de Ourense. Dende a redacción central de La Voz de Galicia na Coruña, puxéranse en contacto con nós en febreiro daquel 1998, para que lle fósemos aportando información sobre o nauta galego, á par que eles ían imprentando semanalmente a singradura do veleiro. Eis a nova recuperada do xornal La Voz de Galicia, que mesmo aparece cunha imaxe nosa de Nadal de 2004 [do fotoxornalista Santi M. Amil], diante da estatua xacente dun familiar directo de João da Nova, que se acha soterrado na Igrexa de San Pedro de Maceda, nunha homenaxe e ofrenda floral que lle tributamos ao egrexio navegante, un galego universal, o máis salientábel de finais do século XV e comezos do XVI:

“El Gloriana sigue surcando el mar para realizar la conocida como la «Ruta de los portugueses», en memoria del ourensano João da Nova (Maceda ca. 1460 - Cochin, India, 1509). El velero levó anclas el día 18 en la isla de San Vicente (Cabo Verde) con José Manuel Iglesias como patrón e «inició la navegación por los mares del recuerdo y con un solo rumbo marcado en sus cartas: la recuperación de la memoria de los navegantes gallegos, en este caso la del ourensano Juan da Nova». Francisco Vigo y Francisco Felipe completan la tripulación de este velero clásico que está sufriendo los vientos desfavorables y las corrientes en contra en estos días. La expedición ha puesto rumbo al archipiélago canario y se encuentra a 300 millas al nordeste de San Vicente y a 300 de la costa mauritana. La figura de viajero ligado a la casa de Nóvoa de Maceda ha sido recuperada por el historiador Santiago Prol (…). João da Nova se traslada a Lisboa y se a lista en la marina portuguesa. Es entonces cuando cumple su sueño de viajar e inicia sus expediciones por África”.

La noticia en La Voz
Noticia Original
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 27-02-2018 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
ILLA SANTA HELENA / GRANDES DOCUMENTAIS DE TVE-2
De www.pilotguides.com -a casa matricial de Globe Trekker-, recuperamos un vídeo abondo interesante de 51´23´´, incluído nos Grandes Documentais de TVE-2 que se emiten os venres pola tarde (logo do veterano concurso “Saber y Ganar”). Titúlase “Isolated Islands: Saint Helena” (tempada 17). Cando comezamos esta aventura oceánica na procura da biografía, heroicidades e descubertas do navegante da casa nobiliaria de Maceda (Ourense), recollido despois no pioneiro volume “João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal” (Santiago Prol: 2002), non existía Youtube nin ferramentas similares de vulgarización.

Neste documental de Globe Trekker, o viaxeiro-presentador Zay Harding vai dende Cidade do Cabo (Sudáfrica) até Santa Helena -en cinco días de travesía e 3.100 quilómetros-. Naquela altura (outubro de 2011) aínda estaba a medio construír o polémico aeroporto (inaugurado en 2017). Esa atmosfera oceánica retrotráenos 515 anos, cando João da Nova descubriu a illa ao regreso do Mabalar indio cara Lisboa, con catro caravelas revolucionarias. O luxoso buque transatlántico RMS Saint Helena veu facendo a travesía cada tres semanas (50 tripulantes, 150 pasaxeiros e 1.800 toneladas de carga). Non hai porto nin espigón por mor do calado. Os buques teñen que ancorar perto da capital Jamestown e achegarse en barcos pequenos. Hogano viven en Santa Helena menos de 5.000 habitantes. A cuarta parte aséntase na capital -enlatada entre cantís-. No documental ollamos panorámicas da volcánica illa. Guía local en Jamestown. Referencia á descuberta polos lusos ao mando de João da Nova en 1502. Dominio inglés (1659). Escravitude. Post Office. Escaleira de Jacob con 699 chanzos. Taxi Chevy Charabanc de 1929. Recreación do exilio de Napoleón Bonaparte (1815-21). Briars Pavilion. High Knoll Fort. Longwood House. Napoleon´s Tomb. Tartaruga xigante duns 180 anos en Plantation House (a Casa do Gobernador). Obras en Saint Helena Airport [a 6 km de Jamestown]. Pista de 1.950 metros para avións de tamaño medio. Plantación de café arábica en Bamboo Hedge. Cumio da illa en Diana´s Peak (823m). Bretemosos bosques de árbores endémicos. Fentos xigantes. Golfiños perto de Lemon Valley. Regreso. ¡Quedemos emprazados para esta extraordinaria experiencia!

Video
Categoría: 03-Illas - Publicado o 25-12-2017 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
ILLA ASCENSIÓN / “O OÍDO QUE TODO O ESCOITA”
Ao abeiro da enigmática desaparición do submarino arxentino ARA San Juan, volve estar en primeira liña Ascensión; unha das illas descubertas polo navegante João da Nova, vencellado á casa nobiliaria de Maceda (Prol: 2002). Algúns medios están focalizando que na Illa Ascensión se atopa unha das máis importantes estacións hidroacústicas do planeta [e outros sofisticados aparellos sensoriais para o control de vestixios nucleares, cun protagonismo central a escala mundial]. Ascensión forma parte do sistema de vixilancia global que rastrea e detecta probas atómicas. Mesmo lle chaman “o oído que todo o escoita”. A web da Armada de Arxentina , recolle como se decataron da anomalía. Con data do 24 de novembro de 2017, avanza que dúas organizacións dedicadas ao control de ensaios nucleares, informaron a ocorrencia dun sinal pouco usual, perto da última posición coñecida do malogrado submarino. Eis a nova:
“La Organización del Tratado de Prohibición Completa de Ensayos Nucleares [Comprehensive Nuclear-Test-Ban Treaty Organization / CTBTO], que posee estaciones hidroacústicas como parte del Sistema Internacional de Monitoreo, informó que: “El 15 de noviembre (de 2017) dos estaciones de CTBTO detectaron una señal inusual cerca de la última posición conocida del submarino perdido ARA San Juan”. Esta organización internacional, que persigue el objetivo de la eliminación de los ensayos nucleares y que para ello los monitorea, difundió el lugar exacto en el que fue detectada una explosión cercana al último punto en que estaba localizada la posición del submarino. Según la información del secretario ejecutivo de la organización, Lassina Zerbo: “Las estaciones hidroacústicas HA10 (Ascensión, una isla de origen volcánico ubicada en el océano Atlántico, a medio camino entre América y África) y HA04 (Crozet, un archipiélago al suroeste de Madagascar), detectaron la señal de un impulso subacuático que ocurrió a las 13:51 GMT el 15 de noviembre. La locación es vecina a la última posición conocida del ARA San Juan”. La Armada Argentina buscó confirmación a través de la CNBTO en Austria. El incidente hidroacústico registrado es anómalo, singular, corto y violento, consistente en una explosión”.

N.B.- Acompañamos esta achega cun vídeo de aproximación e aterraxe á volcánica Ascensión. Nel podese ollar a illa -descuberta por João da Nova- dende o aire e a extraordinaria pista, mesmo preparada para transbordadores da Estación Internacional: Eis o link: https://www.youtube.com/watch?v=36JQcycgksg
Categoría: 03-Illas - Publicado o 18-12-2017 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
POR FIN VOOS COMERCIAIS A SANTA HELENA
chegada do primeiro voo a Santa HelenaLogo da polémica xerada pola perigosidade do Aeroporto de Santa Helena [e polo custo de máis de 320 millóns de euros], a compañía privada Airlinkn de Sudáfrica, comezou cun voo comercial á semana dende Johanesburgo [dende o sábado 14 de outubro deste 2017], á illa que descubrira João da Nova, o navegante galego vencellado á casa nobiliaria de Maceda. O prezo oscila entre os 904 e os 1.783 euros, con seis horas de duración. Mesmo pretenden outro voo mensual entre Santa Helena e Ascensión. Eis a nova recollida de www.newsavia.com [a foto da chegada do primeiro voo a Santa Helena é de Gianluigi Guercia / AFP]:

“O Governo da ilha de Santa Helena, um território ultramarino do Reino Unido no Atlântico Sul, frente à costa de Angola, e a companhia aérea sul-africana SA Airlink, anunciaram na tarde deste sexta-feira, dia 21 de julho (2017), a assinatura de um protocolo para a realização de voos comerciais regulares para a ilha de Santa Helena. O anúncio era esperado com grande ansiedade pelos habitantes da ilha, cuja única ligação regular para e do exterior é ainda assegurada por um navio-correio, único caso conhecido em territórios ultramarinos europeus, que é assegurado pela Coroa Britânica, entre os portos da Cidade do Cabo, na República da África do Sul, e de Jamestown, na ilha de Santa Helena, de três em três semanas.

Segundo o comunicado governamental a SA Airlink, que já tinha feito um voo charter para a ilha (LINK notícia relacionada) vai agora tratar de toda a parte burocrática junto da Autoridade Nacional de Aviação Civil da África do Sul, após o que serão acertados horários e tarifas. Os voos para e da Ilha de Santa Helena serão feitos à partida do Aeroporto Internacional OR Tambo/Joanesburgo, com uma escala no Aeroporto Internacional de Windhoek, capital da Namíbia, no Sudoeste Africano, nas duas direções. Mensalmente, provavelmente no segundo sábado de cada mês, a SA Airlink assegurará um voo entre as ilhas de Santa Helena e de Ascensão.

O comunicado da governadora de Santa Helena indica ainda que os voos serão assegurados por aviões Embraer E190-100 IGW, também conhecidos por E190 ETOPS, configurados com duas classes. O tempo total de voo entre Joanesburgo e Santa Helena, contando com a escala de meia hora em Windhoek, será de aproximadamente 06h15. O acordo com a SA Airlink é por um período de três anos, após a realização do primeiro voo”.
News Avia
Categoría: 03-Illas - Publicado o 02-11-2017 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
10 ANOS CON JUAN DE NOVA ISLAND E AS OUTRAS ILLAS DESCUBERTAS (1)
Comezou hai 10 anos a súa andaina este fermoso proxecto; esta bitácora oceánica por mor da lúcida proposta que o activista (e altruísta macedán) José Juan Pérez Ramos tivo a ben facernos, naquela altura outoniza de 2007, cinco anos despois de que saíse á rúa o pioneiro ensaio da nosa autoría “João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal” (Santiago Prol: 2002), publicado pola Deputación de Ourense. Outrosí despois da conformación da Exposición permanente, “João da Nova, o descubridor galego do século XVI” que deseñamos e comisariamos nós e que sufragou o Concello de Maceda. Inicialmente estivo pendurado nas grosas paredes interiores do patio de armas do Castelo de Maceda. Logo nas estancias interiores da torre da homenaxe e hogano nunha sala “semiesquecida” da Casa do Concello de Maceda.

Pasaron case 10 anos... Esta bitácora fómola fornecendo entre os dous [José Juan na parte técnica e Santiago Prol na de contidos], con múltiples fasquías de todo o que ten que ver co universo de João da Nova, o egrexio navegante vencellado á Casa Nobiliaria de Maceda.

Imos reparar nesta e en próximas achegas na illa que leva o seu nome; como xa temos apuntado, un híbrido entre castelán (Juan), galego-portugués (da Nova) e inglés (Island). Ademais pertence administrativamente ao territorio de ultramar do Estado francés. Desta volta engadimos outro link cun fermoso vídeo de Mixtral/13 titulado “Juan de Nova, a lost paradise in the Indian Ocean” [“Juan Nova, un paraíso perdido no Océano Índico]; unha delicia visual desta singular illa vencellada xa por sempre ao navegante de Maceda. Acompañamos esta achega cunha foto da illa, tirada dende a Estación Espacial Internacional (Fonte: es.wikipedia.org).

Eis o logradísimo traballo audiovisual, para goce de todos os interesados na traxectoria vital deste nauta macedán, ourensán e, por ende, galego universal que pisou esa illa –e que foi bautizada co seu nome- e esa longuísima praia -case virxinal- de area blanquísima (de máis de 4 km) hai agora algo máis de 500 anos.


Video
Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2017 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
AS CINCO ILLAS DISPERSAS
Illa Joao da NovaConforman un conxunto de illas deshabitadas no Océano Índico ao abeiro do Canal de Mozambique e que pertencen –anacronicamente- a Francia. Entre elas está Juan de Nova Island, que fora descuberta polo extraordinario navegante -orixinario de Maceda-, João da Nova, o galego máis sobranceiro do século XVI, e que aínda non está recoñecido como debería na memoria colectiva do Noso País. Tiramos desta volta da Wikipédia, a enciclopédia livre, en portugués: As Ilhas Esparsas, ou Ilhas Dispersas do Oceano Índico (em francês: Îles éparses de l'océan indien) são um conjunto, criado para fins administrativos, de cinco ilhas desabitadas do Oceano Índico que estão sob soberania francesa (os números mostram a localização na carta ao lado): No Canal de Moçambique: Bassas da Índia, Europa, Gloriosas e João da Nova. No grupo das ilhas Mascarenhas: Tromelin. As ilhas, sem população residente, são domínio privado do estado francês, sendo administradas colectivamente pelo administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas que, sob a tutela do Ministro do Ultramar de França, exerce sobre elas as funções administrativas e de controlo jurisdicional, nomeadamente no que respeita à pesca na zona económica exclusiva e à protecção da natureza. O administrador destes territórios está sediado em Saint-Pierre, na ilha da Reunião. As ilhas estão classificadas como reservas naturais, com particular interesse para a conservação das populações de tartarugas e aves marinhas. Nelas funcionam também estações meteorológicas, com particular destaque para a ilha Tromelin, onde se situa uma estação de vigilância dos ciclones tropicais na sua rota de aproximação a Madagáscar.

A ilha de João da Nova (ou Juan de Nova em espanhol e francês) é uma pequena e desabitada ilha no Canal de Moçambique, dependente das Terras Austrais e Antárcticas Francesas. O seu vizinho mais próximo é Madagáscar, a leste, seguindo-se-lhe Moçambique, a oeste. Foi descoberta pelo navegador galego-português João da Nova. As ilhas são administradas como parte das Ilhas Esparsas do Oceano Índico pelo administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF).

N.B.- Engadimos un link -pendurado en youtube- abondo interesante sobre o aterraxe dun avión militar francés na illa que leva o nome do mariño macedán:

Aterraxe na illa
Categoría: 03-Illas - Publicado o 16-10-2017 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
DE MACEDA ÁS ILLAS AGALEGA
Portada libro João da Nova“De Maceda ás illas Agalega: 515 anos da viaxe de João da Nova”. Así titulaba o xornalista David Reinero un logrado traballo sobre o navegante macedán. Acompañábao coa portada do pioneiro libro de Santiago Prol, “João da Nova, un mariño galego ao servicio da Coroa de Portugal” que tivera a ben publicar a Deputación de Ourense en 2002, e que logo fora acompañado pola una exposición permanente -de 20 paneis- que comisariou o investigador de Maceda (e que está recollida nesta bitácora). Eis o aqueloutrado texto que publicou Reinero no portal Praza Pública o 18 de agosto deste 2017:
“En setembro de 1502, hai agora 515 anos, arribaba a Lisboa o mariño João da Nova. Volvía da terceira expedición portuguesa á India, tras a primeira na que Vasco da Gama logrou superar o cabo de Boa Esperanza e a segunda na que Álvares Cabral fixo oficial a chegada lusa a Brasil. Naquela viaxe súa, João da Nova descubriu na metade do Atlántico as illas Ascensión e Santa Elena, na que tres séculos despois morrería Napoleón; pode que chegase mesmo a Ceilán, hoxe Sri Lanka; e nomeou unhas pequenas illas no Índico, entre Madagascar e as Seychelles, como Agalega. A República de Mauricio, á que hoxe pertencen, cre na orixe galega do topónimo. Porque o seu descubridor, ás ordes de Portugal, naceu en Maceda, é coñecido aquí como Xoán de Nóvoa e cunha terceira grafía plurilingüe tamén dá nome a outro dos seus descubrimentos no Índico, a Île Juan de Nova.Ás ordes de Portugal, en setembro de 1502 o galego Xoán de Nóvoa arribaba de volta a Lisboa tras chegar á India, descubrir as illas de Santa Elena e Ascensión e pode que mesmo acadar Ceilán

En 2002, coincidindo co quinto centenario daquela primeira viaxe de João da Nova á India, o investigador Santiago Prol, tamén macedense, publicou un libro no que recolle todas as referencias historiográficas sobre o mariño e fía un relato sobre a súa vida e o contexto das súas expedicións. Nacido aproximadamente en 1460 en Maceda e de familia nobre, Xoán de Nóvoa pasou a Portugal tras as revoltas irmandiñas. En Lisboa formouse e chegou a ser alcaide ou xefe militar da cidade en 1496, antes de converterse en quen para Prol foi o galego máis relevante do século XVI, un navegante case descoñecido na súa terra pero ao que Portugal e Gran Bretaña lembran con rúas, moedas e selos na súa honra.

A primeira viaxe de João da Nova á India seguiu a ruta impulsada polos portugueses para superar máis rápido África, que consistía non en navegar abeirados ao continente senón en dirixirse cara o centro do Atlántico para coller alí ventos máis fortes. Esa traxectoria foi a que permitiu aos portugueses tocar Brasil na súa segunda viaxe á India e a João da Nova descubrir na metade do Atlántico sur as illas de Ascensión, á ida (á que chamou daquela Ilha de Nossa Senora de Conceição e renomeada dous anos despois por Afonso de Albuquerque) e de Santa Elena, á volta. Na mesma viaxe de ida, pero xa no océano Índico, João da Nova supostamente nomeou as illas Agalega, entre Madagascar e as Seychelles. O topónimo é para Prol e outros investigadores unha proba do seu descubrimento polo galego ás ordes de Portugal, aínda que outras teses atribúeno a unha derivación do termo portugués galé, que nomea un tipo de barco. João da Nova permaneceu un tempo enfermo na hoxe denominada Île Juan de Nova e morreu en Cochin, ao sur da India, en 1509. Naquela primeira viaxe á India, Santiago Prol aínda lle atribúe a João da Nova outro logro máis. O da primeira chegada dun europeo á illa de Ceilán, hoxe Sri Lanka, e que daquela podería ser coñecida como a mítica illa de
Taprobana, así mencionada por Camões na primeira estrofa do seu Os Lusíadas. Alí foi atopada unha inscrición portuguesa datada en 1501, ano no que pola zona só navegaba João da Nova.


O mariño faría unha segunda expedición á India en 1505 da que xa non retornaría a Lisboa. Na viaxe de regreso, segundo relata Prol no seu libro, permaneceu un tempo enfermo na hoxe denominada Île Juan de Nova, no estreito que separa Madagascar de Mozambique. Alí recolleuno en 1506 Tristão da Cunha, co que participou nunha campaña militar para crear bases portuguesas en Ormuz e Omán, antes de acabar os seus días en Cochin, ao sur da India, en 1509”.
Categoría: 06-Prensa - Publicado o 05-09-2017 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador web
contador web