Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MACEDA, A TERRA PRIMIXENIA
Maceda de Limia. A xénese primixenia. Dende esta histórica vila aínda se pode acadar a fortaleza medieval por unha agredida fraga. No que, no seu día foi a torre de homenaxe e co orballo da mañá, contemplamos -impoñente- a Serra de San Mamede. O Rodicio de seixo cristalizado. A inmensa gándara regada por afluentes do Arnoia. Tamén fumegantes aldeas diseminadas nas ladeiras. Terra de orixe do mariño, guerreiro e descobridor. Eis João da Nova , a páxina máis sobranceira, ao servizo da Coroa de Portugal.

Boa parte da historia do señorío de Maceda -condado dende 1654- transcorre forzosamente ao redor do seu castelo, datado entre o primeiro e segundo terzo do século XII. Semella que, de fundación e orixe reais, como a maioría dos que se edificaban naquela época de conflictos fronteirizos co viciño condado de Portugal, formaba parte daquel proxecto que, dende mediados do XII fora obsesivo para os gobernantes galegos -maiormente do bispado de Ourense- e portugueses. Inicialmente defendían intereses comúns. Pouco a pouco, artellaron unha fronteira artificial. Construíron fortalezas defensivas para non deixar ao bispado e burgo ourensá desprotexidos das embestidas dos viciños do sul que anceiaban anexionar territorios da Limia que coidaban lles pertencían. A expulsión definitiva dos mouros de Galiza, permitíu o afloramento de moitas aldeas chamadas vilanova e a criación de bastións estratéxicamente ubicados para axudarse perante as ameazas de fóra.

(Fragmento do libro "João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal. Autor: Santiago Prol, 2002)
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 11-02-2008 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web