Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O MAR DA PALHA [LISBOA]

No país viciño, os navegantes lusos estaban a conquerir transcendentais incursións no Atlántico. Lisboa era o lugar axeitado para un nobre con iniciativas, interesado por aquelas informacións que chegaban sobre os descobrimentos na costa africana.

A capital, unha cidade moi activa, era tamén un compendio de case todas as virtudes e miserias humanas. En verbas do historiador brasileiro Paulo Miceli, um lugar de passagem, espaço onde a riqueza e pobreza cruzaram-se para desenhar fortes contrastes. Lugar da coroa reluzente que atraía e da peste tenebrosa que ameaçava continuamente esvaizar ruas e casas. Lugar do comércio, da cobiça e da luxúria, da fé desesperada e da religiosidade onipotente. Lugar do espetáculo e dos rituais, das procissões, das solenidades fúnebres e da violência colectiva. Lisboa, lugar da historia.

A fusión do río e do que os portugueses denominaron Mar da Palha, axudou a que se asentase unha urbe naquel ponto xeográfico a medio camiño entre o norte e o sul. Os outeiros do redor amparábana de potenciais ataques. A capital, estableceuse alí no 1255. Amosábase estratéxica dende o ponto de vista político, militar e comercial. Lugar privilexiado para cimentar rotas cara todas direccións. Dende o século XVI transformaríase nun dos maiores emporios comerciais de Europa e, por ende, nun centro de poder moi influínte. Chegarían seducidas camadas de toda extracción social en busca de fortuna. Infestada de pobres fascinados pola imaxe da riqueza que se podía visualizar nos navíos que arribaban cargados de África e, pouco despois, de Oriente. Semellaba que todos atoparían fortuna. Con eles viñan as enfermidades e as súas consecuencias. A Coroa tivera que regular enterros con cemiterios improvisados fóra da cidade. A peste -unha enfermidade contaxiosa moi grave producida polo bacilo de Yersin- asolabao todo. Foi a que máis mortos provocou ao lon go da Historia da Humanidade. A peste bubónica (negra), que comezou en Constantinopla, arrasou Occidente entre o 1334 e o 1353. Chegou a desaparecer boa parte da poboación europea. O bacilo transmítese no home polas pulgas das ratas que poboaban maioritariamente a Lisboa de fins do medievo. Non só se aloxa nos roedores. Tamén persiste no chan polo que se emprega o lume como profiláctico.

(Fragmento do libro "João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal". Autor: Santiago Prol, 2002)
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 08-02-2008 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web