Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O RESTELO [LISBOA]
Padroao dos descubrementos
A expedición de João da Nova foi de financiación mixta: coroa e banqueiros portugueses e trasalpinos, nomeadamente florentinos que procuraron novas filiais naquela Lisboa que emerxía como o grande emporio europeo no Atlántico. D. Manuel, Tristão da Cunha, Bartolomeu Marchionni -o florentino, amigo dos Médicis, ao que os monarcas lusos entregaron parte da organización financeira dos descubrimentos- xunto con D. Álvaro, o irmán do duque de Brangança, foron os que armaron as catro caravelas [non naos como referencian os cronistas da época e algúns historiadores] baixo o mando de João da Nova. Esta foi a expedición máis discreta das realizadas no primeiro decenio do século. Para máis inri, desapareceu case toda a documentación que sobre esta viaxe existía na Torre do Tombo [Lisboa], por intereses que, conxunturalmente, semellan máis espurios que accidentais [en 1775 un terremoto tamén axudou na tarefa, xa que logo deixou esquilmada boa parte dos documentos de chancelería daquel i ndispensábel arquivo nacional portugués].

Desaferrou o nauta galego, ao carón da praia do Restelo lisboeta [fronte ao actual Padrão dos Descobrimentos], despois dunha noite de oración na capela de Belém, na segunda semana de marzo de 1501. As fontes máis fiábeis indican que a súa viaxe tivo como finalidade experimentar as técnicas navais da Rota da India cun tipo de navío especial [unha caravela renovada e revolucionaria], tentar a explotación dunha mina de ouro que Vasco da Gama localizara no sul de Mozambique e ir na procura dos reinos asiáticos e na descuberta de novas terras. As deshabitadas illas volcánicas Ascensión e Santa Helena [no Atlántico Austral] mesmo aparecen vencelladas -dende aquela- a este nauta galego. A primeira, consonte os cronistas, na viaxe de ida, aínda que relevantes historiadores [Luís de Albuquerque / G. Bouchon], coidan que foi achada na viaxe de regreso en 1502.

Adianto editorial "Nobres Vencellados ao Castello de Maceda” por Santiago Prol., Fragmento do capítulo "João da Nova, o descubridor do século XVI"
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 07-02-2008 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web