Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JUAN DE NOVA ISLAND (ILHA JOÃO DA NOVA)
Ilha Joao da Nova visto por Satelite
João da Nova descubríu outra illa que leva o seu nome [oficialmente un híbrido entre castelán, portugués e inglés]. Pertence ao Departamento de Ultramar de Francia dende 1897 e depende administrativamente de Reunión. Juan de Nova Island [9,6 km2] está xeralizado que foi achada polo nauta galego na viaxe de 1501. Así o recolle o Códice Add. 20902 da British Library e as actuais autoridades administrativas da illa. Agora ben, o historiador Damião Peres en Historia dos Descobrimentos Portugueses (1992) relaciona esta descuberta coa frustrada viaxe de regreso que João da Nova facía cara Lisboa en 1506 co buque insignia da mariña portuguesa, a nao Frol de la Mar.

As fortes correntes mariñas do Canal de Mozambique fan moi perigosa a travesía ao seu carón. Está arrodeada de arrecifes de coral. Madagascar reclama, dende hai catro décadas, a illa como parte natural do seu territorio. Até 1970 explotouse o guano [excrementos de aves mariñas que se utilizan como fertilizantes] e fosfatos.

Na Segunda Guerra Mundial (1939-1945) tocaron aquela illa os submarinos alemáns. Hoxe está ocupada por un destacamento militar dos franceses e por metereólogos. Dispón dun aeródromo que forma parte da infraestructura militar dos galos naquela conflitiva zona do Índico por mor dos caladeiros de pesca que disputan varios países e nos que se teñen enleado armadores e pesqueiros galegos nos últimos tempos.

Adianto editorial "Nobres Vencellados ao Castello de Maceda” por Santiago Prol., Fragmento do capítulo "João da Nova, o descubridor do século XVI"
Categoría: 03-Illas - Publicado o 24-01-2008 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web