Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AGALEGA ISLANDS.
Hogano existen varios traballos e mesmo webs que vencellan Agalega Islands con João da Nova e a III Expedición á India. Cartograficamente aparecen co nome A Galega en 1650 [Nova Totius Terrarum Geographica ac Hydrographica Tábula]. Son dúas illas [separadas por un banco de area] ubicadas no Oceano Índico que pertencen administrativamente a Mauricio. Teñen 70 km2 e uns 300 habitantes de fala crioula e relixión católica. Colonizadas polos holandeses no século XVII, ocupounas Francia a comezos do século XVIII e pasaron a control británico en 1810, nas Guerras Napoleónicas. O sistema de explotación das illas lévao a Sociedade Estatal da República de Mauricio [Illas Anexas]. Ultimamente a India ten amosado interese por adquirilas, coa plausíbel ampliación do aeroporto como base militar nunha zona estratéxica do Índico. Na Illa Norte áchase a capital Vingt Cinq, a vila de La Fourche e o aeródromo. Na Illa do Sul aséntase a vila Sainte Rite. As principais explotacións son a copra e o aceite de coco. O máis curioso das illas é a lagartixa agalega (Phelsuma borbónica agaleae).

Na web oficial da República de Mauricio (www.gov.mu), dentro do apartado “Ministry of Rodrigues and outer Islands”, colgaron: “A school of thought now accepts that the islands Agalega were discovered and baptised in 1501 by Juan da Nova, who was a Galician in the employ of the Portuguese and who was nicknamed “Jean Gallego” by his sailors. An extract from Les Nouvelles Annales de Voyage (tome 38, page 88) reads: L´Ile Galega, avec l´article A´Galega (La Galicienne), porte ce nom parce qu´elle fut decouverte en 1501 par Juan de Nova, galicien, au service du Portugal, qui commandait une flotte destinee pour les Indes. En revenant en Europe, ce meme navigateur decouvrit les iles de l´Ascensión et Sainte Helene.” Nesa liña amósase o historiador A. Vázquez-Monxardín en O mariñeiro ourensán Joan de Novoa. Alcaide de Lisboa deu o seu nome e o de Agalega a illas do Índico, no núm. 27 de Auria (1999). Aínda que a rota na Carreira da India se facía habitualmente -na primeira década do século XVI- polo perigoso canal de Mozambique, é factíbel que João da Nova, que levaba navíos especiais e a misión de descubrir novas terras, puidese tocar estas illas pola banda oriental de São Lourenço [Madagascar]. O escritor Xurxo Souto, no xornal La Opinión, o 29 de maio de 2005, na incursión A expedición de Agalega, evoca: “O contorno é cuspidiño á silueta das illas Cíes. Non puido reparar en tal coincidencia, hai cinco séculos, o noso navegador João da Nova? Agora compre que unha expedición desta ribeira se achegue ao Índico disposta a tecer novas amizades para que, algún día, na vila Santa Rita de Agalega, poida campar tamén, no letreiro dunha rúa, o nome do grande navegador João da Nova de Maceda”.

Adianto editorial "Nobres Vencellados ao Castello de Maceda” por Santiago Prol., Fragmento do capítulo "João da Nova, o descubridor do século XVI"
Categoría: 03-Illas - Publicado o 21-01-2008 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web