Todo o referente o Navegante João da Nova |
|
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xoán de Nóvoa parte cara á India |
|
COCHIN (INDIA). Xullo de 1509. Acaba de morrer nesta cidade do sur da India o que fora nobre galego exiliado na corte portuguesa, e activo participante da ampliación do marco xeográfico coñecido, Xoán de Nóvoa. Logo dun primeiro exilio en Portugal na época da revolta Irmandiña, e dun definitivo desde 1480, foi nomeado alcaide menor de Lisboa pola súa axuda á causa portuguesa no norte de África. Partira en marzo de 1501 ó fronte dunha escuadra de cinco carableas fretadas con apoio de comerciantes florentinos buscando unha ruta á India, Florencia ?ó mesmo que Xénova- buscan na súa alianza con Portugal, encontrar un novo camiño en contra do monopolio que a alianza turco-veneciana exercía no mediterraneo oriental.
Xoán de Nóvoa, ó mando do seu barco Flor de la Mar, descubrirá nas viaxes de ida e volta, as illas de Asunción, Santa Elena, as Sheychelles ?alí bautizará unha illa como A galega en lembranza da sua terra de orixen- e chegará exitosamente á India.
Logo de numerosos incidentes armados cos musulmáns que tratan de que non se estableza esa liña directa India Portugal, e de entrar en contacto cos portugueses que uns anos antes chegán, volverá cargado de riquezas. Ós tres anos da súa volta, en 1505 volverá camiño da India integrado na escuadra de Afonso de Albuquerque. Aguerrido combatente por todo o leste de África e sur da asia occidental, verase involucrado nos problemas civís entre o vicerrei Fernando de Almeida e o pretendente Afonso de Alburquerque, apoiando ó primeiro. Sen embargo, será só o segundo o que, cando lle chega a morte, arruinado e esquecido no sur da India, asista ó seu enterro, perdoando tódalas afrentas e problemas que tiveron entre eles.
Crónica de 2000 años. ? La Voz de Galicia |
|
|
|
|
|