Todo o referente o Navegante João da Nova |
|
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
JUAN DA NOVA (1501) |
|
Aínda que imprecisas, as noticias que posuímos de Juan da Nova, tamén apelidado Gallego, fano natural de Galicia, e mesmo de Pontevedra, descendente dunha familia fidalga, establecido axiña en Lisboa, onde desempeñou, antes da súa primeira expedición ultramarina, cargo de segundo alcaide.
Das súas condicións para o mando e dos seus coñecementos náuticos é revelador o feito de que se lle encomendase, como capitán maior, a xefatura dunha flota de catro naves (a terceira armada da India) coa que se faría ó mar desde o barrio lisboeta de Belén o 4 de marzo de 1501; mandaba unha desas naves Diego Barbosa e supoñen algúns, con escaso fundamento que en calidade de cosmógrafo embarcou tamén Américo Vespucio, daquela ó servicio de don Manuel o Afortunado.
Nesta viaxe, con recalada previa na costa brasileira, cruzou novamente o Atlántico camiño de Oriente e o 20 de maio descubría a illa por el chamada da Concepción, que máis tarde don Afonso de Albuquerque, segundo vicerrei da India lusitana, rebautizaría co seu nome actual: Ascensión. Esta illa, duns 88 quilómetros cadrados, está sobre a costa occidental africana, cara ós 8º baixo o ecuador e os 14º cumpridos de lonxitude occidental, á altura da angolana San Paulo de Luanda.
Na costa india de Malabar venceu Nova a unha agrupación de 40 naves locais que se opoñían ós seus designios. Desenbarcado en Cananore, provincia de Madrás, puido fundar alí unha factoría lusitana. Xa de regreso á metrópole, o 15 de abril de 1502 viu por vez primeira a tamén africana illa de Santa Helena, volcánica, de 241 quilómetros cadrados, en 15º 57´ de latitude sur e 5º 42´ de lonxitude leste, que sen dúbida debe a súa posterior celebridade ó feito de ter sido escenario da prisión e morte de Napoleón Bonaparte. O 11 de novembro do último ano citado entraban as naves de Juan da Nova polo esteiro do Texo, e xa no chan lisboeta foi o noso capitán recibido e agasallado polo rei Manuel.
Fixo polo menos outra viaxe ó continente asiático en 1505, agora coa flota de Francisco de Almeida, primeiro vicerrei da India portuguesa, familiar dos condes de Abrantes e colaborador dos Reis Católicos na guerra de Granada. O brillo de tan próximo adaíl nubraría xa os merecementos de Da nova, que sempre defendeu nobremente a causa do seu xefe, mesmo en aberta oposición co seu sucesor no vicerreinado, don Afonso de Albuquerque.
Galicia e os descubrementos oceánicos. ? Amancio Landín Carrasco. |
|
|
|
|
|