Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DESTINO: A GALEGA
Mapa de Agalega IslandViaxe a dúas illas do Océano Indico

O nome destas dúas illas do Océano Indico, pertencentes ao arquipélago das Mauricio, púxollo Xóao de Novoa, mariño e explorador galego, despois de telas descuberto en 1501.

Din delas que dende o aire semellan un oasis verde no medio do océano Índico. Se a isto se lle suma o atolón de coral que as rodea, a area fina das súas praias e as plantacións de cocoteiros que encabezan as explotacións agrícolas, o tópico adquire unhas tinturas que converten ás illas Agalega no escenario perfecto para o cine e nun dos mellores destinos de verá para os máis aventureiros.

Contra o que poida parecer, estas dúas illas traspasan con moito as fronteiras do Padornelo e emerxen solitarias no medio do océano Índico. As cartas náuticas recollen baixo o nome de Agalega dúas illas localizadas 697 millas ao norte da Mauricio, país oa que prentencen. Os 300 habitantes que poboan estes 70 quilómetros cadrados falan o crioulo Mauricio, profesan a relixión católica e viven principalmente das explotación e exportación de cocos.

Pero, como acabou por colarse “Agalega” na toponimia mauricia? Son varias as teorías que explican a procedencia do nome actual e todas se remontan á época da conquista dos mares de casteláns e portugueses e do comercio coas Indias. Unha das hipóteses que se baralla é a do navegante portugués Pedro de Masceranhas que as nomearía así en honor a un dos seus veleiros. Pero a máis estendida apunta directamente ao Xoán de Novoa, un mariño e explorador galego que traballou ao servicio da coroa portuguesa . Como se recolle en Os novos anais de viaxe, as illas foron descubertas en 1501 polo ourensán, cando se topaba á fronte dunha flota de catro barcos e cando aínda o Vello continente non tiña noticias do descubrimento de América. El mesmo bautizounas co nome de Agalega. A descuberta tivo lugar na primeira viaxe do galego tras a súa fuxida a Portugal. O desacordo coa acción centralizadora ao cabaleiro nacido no castelo de Maceda a tomar esta decisión e a pasar a servir así a Joao II. Pronto comezou, como relata Santiago Prol no libro Joao da Nova. En mariño galego ao servicio da coroa de Portugal a participar nas descubertas que os portugueses levaron a cabo entre os séculos XV e XVL. Participou ademais nas accións militares no norte de África obtendo o título de alcaide menor de Lisboa. Nesa primeira viaxe, que fixo parada en Mozambique, Quiloá, Melinde e a India, descubriuse ademais a Illa da Ascensión.

Facer as maletas

Pero para viaxar ás dúas illas mauricias hoxe en día non é necesario embarcarse nunha daquelas expedicións comerciais con aires de conquista. Tan só é necesario facer unha solicitude a Outer Island Development Corporation de Mauricio, o único organismo que pode organizar viaxes a Agalega. Pode escollerse, iso si, entre ir en barco ou en avión. A páxina oficial do país indica aos interesados que todos os riscos que corren a conta dos propios viaxeiros, xa que as compañías non se fan responsábeis no caso de accidente. A viaxe en avión dura ao redor de tres horas sen aperitivo nin seguro.

Unha vez alí é obrigada a visita á capital Vingt Cinq, na illa norte, e a vila de La Fourche, dúas localidades unidas por un camiño coralino e areoso. A illa sur ten tan só unha vila, Saínte Rita na que se atopa a escola, un posto de policía e un pequeno hospital. Hai ademais dúas igrexas, unha presidida por un cruceiro.

Os que gosten da rutas e da natureza deben ascender a outeiro de Emerz, o punto máis alto da illa norte. Alí habita a lagarta agalega, incluída na lista CITES de especies protexidas.

Nas illas non hai rede de auga corrente. A auga potábel cóllese da chuvia, a través dun sistema de canalóns, e a que se emprega para outros usos procede de pozos. Dispoñen de servizo de saúde, composto por un médico e unha parteira, e unha vez ao longo do ano reciben a visita dun maxistrado.

A Nosa Terra – nº 1.273 do 21 ao 27 de xuño de 2007
Diario A Nosa Terra
Agalega Island Rep Mautania
Categoría: 03-Illas - Publicado o 07-01-2008 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web