Pagan case 100.000 euros pola chave do dormitorio no que morreu Napoleón Bonaparte na mansión Longwood House de Santa Helena, o 5 de maio de 1891.
A illa fora descuberta polo macedán João da Nova na exitosa III Rota á India (1501-1502), logo da de Vasco da Gama e da de Álvares Cabral. A casa de subastas británica Sotheby´s fixo un comunicado informando que a chave da habitación na que finou Napoleón, mentres estaba preso e custodiado polo exército británico na Ilha Santa Helena, foi mercada por 92.400 euros e que o prezo de saída da poxa era de só 5.000 euros.
A chave estaba en poder dunha familia escocesa. Un antepasado, o soldado Charles Richard Fox, era un dos encargados de custodiar a estancia do emperador francés na estratéxica illa atlántica, naquela altura xa en poder británico. Logo da morte de Napoleón o soldado levou a chave para regalarlla á súa nai, que vivía en Escocia e amosaba admiración por Napoleón.
A chave, que atoparon os seus descendentes por casualidade, mide 13,4 centímetros de longo e foi subastada en Londres o 14 de xaneiro de 2021 por unha cantidade de diñeiro inmensa.
N.B.- Reproducimos a chave e un fermoso vídeo sobre os exteriores da prisión, hogano convertida en museo á súa memoria en Longwood House https://www.youtube.com/watch?v=UF-0TnN0yzw
Categoría: 02-Lugares - Publicado o 09-02-2021 14:40