Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A GRANDE REPORTAXE - ILHA DA TRINDADE
Este arquipélago habitado (o máis afastado de América do Sur no Atlántico) foi descuberto polo macedán João da Nova. Nesta grande reportaxe, producida e dirixida polo documentalista brasileiro Emerson Cabral, ollaremos na súa inmensa diversidade a Ilha da Trindade (e as Ilhas Martín Vaz), que emerxeron hai 3 millóns de anos. O documental, emitido na TV Assambleia do ES, o 9 de xuño de 2018, cita expresamente o nome do mariño occidental que a ollou por primeira vez. Dende o minuto 6:27 até o 6:33, o narrador Adriano Beraldi di: ?A illa foi descuberta en 1501 polo navegante portugués João da Nova. Trindade estivo baixo o dominio de Portugal até a independencia do Brasil?. Na nosa biografía ?João da Nova, un mariño galego ao servizo da Coroa de Portugal? (Santiago Prol: 2002), publicada pola Deputación de Ourense cando se cumprían 500 anos da súa exitosa viaxe á India, deixamos clara a súa orixe galega e o seu vencello con Maceda e a súa casa nobiliaria. Nesta reportaxe de 27 minutos, narrada en brasileiro e subtitulada en castelán, visualizaremos esta fascinante illa, que non ten porto nin aeroporto. Outrosí fentos xigantes de até 6 metros de altura, refuxios de tartarugas verdes, caranguexos amarelos alcumados ?donos da illa? e o acubillo de innumerábeis especies de aves oceánicas... A illa está baixo a xurisdición da mariña brasileira como lugar estratéxico e só deixan residir alí temporalmente a científicos naturalistas e oceanógrafos (8 como máximo en cada quenda). Eis outro interesantísimo vestixio audiovisual vencellado con João da Nova, o grande descubridor galego do século XVI, un macedán universal que mesmo debería vindicar toda a ourensanía e que hoxe penduramos na súa bitácora de referencia.
Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=be4RI46jazQ


Documental
Categoría: 03-Illas - Publicado o 15-10-2020 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0