Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RUMBO A SANTA HELENA, A ILLA DOS PROSCRITOS
Recollemos hoxe, na bitácora dedicada ao macedán universal JOÃO DA NOVA, un documental de case 26 minutos da DW (servizo público de televisión e radio alemáns) sobre unha das illas descubertas por el. Unha ollada diferente esta interesantísima reportaxe de Thomas Denzel, producida en 2017 (co aeroporto aínda en probas por mor dos problemas co vento á hora de aterrar). Ollaremos outra volta, ademais de diferentes fasquías da illa, a casa museo de Napoleón Bonaparte (que é territorio francés malia que a illa pertence ao Reino Unido). O illamento de Santa Helena forma parte da súa identidade e hai nativos aos que non lles gorenta o aeroporto, que pretende fomentar o turismo, pero que podería despersonalizar de vez esta Galápagos do Atlántico Sur... Parte dos actuais 4.500 habitantes de Santa Helena son descendentes de proscritos británicos. Eis unha reportaxe excepcional sobre a illa descuberta polo galego máis relevante do século XVI; o nauta JOÃO DA NOVA; o persoeiro de MACEDA (Ourense) referente, que mesmo deberiamos vindicar todos en clave nosa...

Documental:

Categoría: 03-Illas - Publicado o 10-10-2020 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
contador web
contador web

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0