Joao da Nova


Todo o referente o Navegante João da Nova
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) nacido en Maceda-Ourense mostrase como un galego universal, o máis relevante do seculo XVI.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FICHA DA CIA SOBRE JUAN DE NOVA ISLAND
Juan_da_Nova_Island_100_francs_2013Penduramos hoxe na bitácora -dándolle forma- a ficha que a Axencia Central de Intelixencia americana [CIA] ten pendurada na arañeira sobre a illa que leva o nome do nauta orixinario de Maceda [Ourense, Galiza] e que eles recoñecen como “o famoso navegante e explorador español João da Nova”. Logo catalogan: “É posesión francesa dende 1897. Está localizada no sur leste de África, no Canal de Mozambique entre a costa africana e Madagascar. As súas coordenadas xeográficas son: 17 03 S, 42 45 E. Abrangue unha lonxitude de 4,4 quilómetros e unha liña de costa de 24,1 quilómetros. Posúe clima tropical. Terreo baixo e chan cunha elevación máxima de 10 metros sobre o nivel do mar. Posúe un 90 % de bosque. Outrosí soporta ciclóns periódicos. Non hai nativos. Só unha pequena guarnición militar francesa, algúns meteorólogos e ocasionalmente outros científicos. O seu nome convencional é Juan de Nova Island aínda que os franceses coñécena como Ile Juan de Nova. A súa temperatura media abeira os 27, 2 graos celsius. No seu estatus actual consta como posesión francesa administrada por un alto comisionado da República de Francia residente en Reunión. Prevalecen na illa as leis vixentes en Francia. Non ten representante diplomático en USA. A súa economía baséase na extracción de guano e outros fertilizantes. Posúe unha estación meteorolóxica. Non ten porto, só un pequeno lugar de ancoraxe. Posúe un aeroporto [de area branca] de 1.523 metros. Militarmente a súa defensa é responsabilidade de Francia. A illa é reclamada por Madagascar como parte natural do seu territorio”. Eis a ficha da CIA actualizada o 10 de febreiro de 2005 [http://www.iiasa.ac.at/~marek/fbook/04/geos/ju.html].

N.B.- A dobre imaxe que ilustra esta achega é unha moeda de coleccionista de 100 francos [2013] dedicada á ILLE JUAN DE NOVA. TERRES AUSTRALES FRANÇAISES pola cara e pola cruz ao galeón Sant Yago de Compostela, 1540 [http://www.jfvcoins.com/Juan-da-Nova-Island-100-francs-2013]
Comentarios (0) - Categoría: 03-Illas - Publicado o 14-01-2019 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
contador web
contador web